Servizos de Virtualización: Obxectivos e escenarios da PARTE VI

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Nesta parte VI do curso comézase co uso do hipervisor Xen. Nesta parte veranse asuntos relacionados con:
    • Introdución ao hipervisor Xen e distintas implementacións que fan uso del.
    • Instalarase a solución de virtualización XenServer que é versión en código aberto, gratuíta e comercial de Citrix.
    • Xestionarase o servidor a través da consola e da interface gráfica XenCenter.
    • Instalarase MVs en XenServer, veranse os parámetros da mesma pero non se configurará até pasar á parte V do curso.
    • Nesta parte VI preténdese dar un coñecemento mínimo sobre o Hypervisor Xen e as distintas solucións que existen no mercado que fan uso del. Unha vez familiarizados coa instalación de XenServer e varias MVs será nos apartados seguintes cando se afondará máis sobre as características e funcionalidades de XenServer.


  • Importante:Nesta parte VI só se vai chegar até instalar as MVs en XenServer e non se vai facer nada máis con elas até pasar á Parte VII.


O escenario básico

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 04 A.jpg

  • Componse de:
    • 1 servidor de Virtualización tipo I: Xenserver ou XCP (Neste ocasión: XenServer)
      • RAM: 2/4 GB (Mín).
      • Virtualización Hardware: Habilitado.
    • 1 equipo desktop con Windows
      • Instalado XenCenter para administrar o servidor XenServer / XCP .
      • RAM: 1 GB

Este escenario cubriría perfectamente a parte VI do curso, pero non parte da VII e seguintes. Por tanto prenséntase este segundo escenario que pode cubrir tódalas prácticas do curso.

Escenario completo

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 04 B.jpg

  • Componse de:
    • 1 servidor de Virtualización tipo I: XenServer
      • RAM: 2/4 GB (Mín).
      • Virtualización Hardware: Habilitado.
    • 1 equipo con VirtualBox instalado
      • Pode ser Ubuntu ou Windows
      • Instalado XenCenter para administrar o servidor XenServer (instalado nunha MV Windows se o host usa Linux).
      • RAM: 4 GB (Con 2 GB poderíanse facer algunhas cousas en escenarios futuros, pero non todas)
      • MV con XenServer instalada.

Este escenario vai permitir acometer a maior parte dos escenarios futuros do curso. Pois tamén se precisa FreeNas nas partes VII e seguintes.




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez