Servizos de Virtualización: Obxectivos e escenarios da PARTE IV

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste Apartado IV tratarase de abordar distintas técnicas de almacenamento remoto cos protocolos CIFS e NFS. Faremos uso de FreeNAS como servidor de almacenamento.

Por tanto veremos:

  • A instalación de FreeNAS e a configuración dos volumes de almacenamento, incluíndo a configuración de volumes RAID para acadar alta dispoñibilidade no sistema de almacenamento.
  • A exportación de datos almacenados en FreeNAS por CIFS e NFS.
  • O acceso aos datos exportados dende Windows e Linux.
  • As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03a.jpg

Este escenario amosa o acceso por CIFS dende equipos Windows e Linux a carpetas compartidas en FreeNAS


00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03b.jpg

Este escenario amosa o acceso por NFS dende equipos Windows e Linux a carpetas compartidas en FreeNAS


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --