Servizos de Virtualización: Obxectivos e escenarios da PARTE III

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste Apartado III tratarase de afondar no manexo de VirtualBox sobre todo no tocante a virtualizar servizos en rede. Por tanto estudarase:

  • Parámetros de configuración das tarxetas de rede das máquinas virtuais.
  • Instalar 2 máquinas virtuais de servidor: Windows e Debian.
  • Os ficheiros de configuración de VirtualBox.
  • O manexo de VirtualBox sen necesidade de interface gráfica, tanto no host coma nos guests.
  • A configuración dunha máquina física como servidor de virtualización con VirtualBox.


  • As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar na PARTE III

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 A.jpg

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: NAT

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 02 A2.jpg

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas en modo de rede NAT, recentemente incluído en VirtualBox. Desta forma poden comunicarse entre si e acceder ao exterior.

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 B.jpg

Neste escenario os equipos virtuais compórtanse como se fosen equipos reais e poden comunicarse con calquera elemento da LAN e calquera elemento da LAN con eles.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 C.jpg

Neste caso os equipos virtuais só se poden comunicar entre si.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 D.jpg

Neste escenario os equipos virtuais pódense comunicar entre si e co equipo host.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 E.jpg

Cada equipo virtual ten dúas tarxetas de rede, unha delas para comunicarse co outro equipo virtual e a outra para poder acceder ao exterior.


00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 02 f.jpg

Virtualización dun servidor que fai de router e firewall nunha rede.


00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 02 g.jpg

Configuración dun equipo físico como servidor de virtualización, co obxectivo de executar máquinas virtuais.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --