Resposta educativa para alumnado TEA (2)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

No ano 2019/2020 desenvolvemos un PFPP vinculado a PluriFP para dar Resposta educativa para alumnado con necesidades especiais: TEA.

En 2021/2022, tivemos un curso para profesorado sobre a mesma temática pero con relatoras e participantes diferentes, que amplía e complementa a formación adquirida no anterior.


Consellos

Disfunción executiva. Cústalles:

  • Escoller, tomar decisións e autocorrixirse.
  • Extraer o relevante.
  • Pedir axuda.
  • Xestionar o tempo, planificar e traballar para o longo prazo.
  • Debemos estruturar ben as tarefas e fragmentalas, como apoio. Listas de pasos para facer e listas de verificación para que comproben se o fixeron todo.
  • Ao facer os exames, sempre por orde.


Apoio visual:

  • Amosar un mapa visual do que vamos facer cada día, do fundamental.
  • Explicar na pizarra aínda que sexan rabiscos e que o poidan levar ou fotografar.
  • Pero non sobrecargalos con estímulos visuais.


Intereses restrinxidos:

  • Como motivación ou premio, reforzo cos intereses restrinxidos.
  • Usalos tamén para orientalos nos estudos ou traballo.
  • Falar con eles sobre iso para crear un vínculo afectivo.
  • Mapa tamén para visualizar o camiño e o futuro na FP, tamén para a aprendizaxe do Portugués ou Inglés no caso de PluriFP.


Ademais:

  • Evitar a ironía.
  • Coidado coa literalidade.
  • Alumno titor. Para que saiban a quen preguntar. Delegado?
  • Adaptacións, sempre. Se non poden ser curriculares, que sexan metodolóxicas. Tanto na escola como no traballo. Teñen dereito: "É como dicir que non vamos poñerlle unha rampla a un rapaz con cadeira de rodas porque senón nunca vai aprender a subir a escaleira".


Materiais

Para ver os vídeos das sesións e os documentos compartidos, tes que acceder coa conta de profe "XXX@iessanclemente.net"

Licenza

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0

Profesorado do IES San Clemente: Emilia Lamela e Marcos Vence, a partir dunha obra de Saínza Ramos López e Marta de la Calle Portela dos servizos de valoración e diagnóstico TEA Caenya, no Milladoiro.