Resposta educativa para alumnado TDAH
Introdución
No ano 2019/2020 desenvolvemos un PFPP vinculado a PluriFP para dar Resposta educativa para alumnado con necesidades especiais: TEA.
En 2021/2022, tivemos un curso para profesorado sobre a mesma temática pero con relatoras e participantes diferentes, que amplía e complementa a formación adquirida no anterior.
En 2022/2023, continuamos coa formación en neurodiversidade, nesta ocasión sobre TDAH.
Ideas principais
- Modo de funcionamento do cerebro. É unha condición: máis unha forma de ser que un "trastorno".
- A adolescencia dúralles máis. Ademais, durante a adolescencia cambian as redes neuronais e no caso dos TDAH multipícanse os síntomas.
- Ninguén acusa un miope de non ver, pero si a un TDAH por ser "maleducado".
- Dificultade en manter o foco de atención voluntariamente. Tamén con manter a motivación.
- Multifoco: anda a todo e a nada.
- Esforzo constante que lles esgota, frústranse e enfádanse.
- Romper as rutinas fan que perdan a atención.
- Coa idade, progresan, reducen os síntomas, pero sempre van ter rasgos.
- As estratexias de compensación consiguen conter os síntomas. Pero o sobreesforzo pode ser excesivo e causar ansiedade. Por exemplo: se me doe a cabeza, para que vou estar aguantando? Tomo medicación para evitar a dor.
Dúbidas
- Por que un diagnóstico en TDAH pode reducir o risco de adiccións?
- Convivencia na aula TEA e TDAH?
- Alumnado sen diagnosticar ou sen medicar?
- Como facer para cambiar certas conductas propias de TDAH en alumnado que sexa ou non TDAH?
Materiais
Para ver os vídeos das sesións e os documentos compartidos, tes que acceder coa conta de profe "XXX@iessanclemente.net"
- Vídeo 1ª sesión, 1ª parte
- Vídeo 1ª sesión, 2ª parte
- Vídeo 2ª sesión
- Presentacións da relatora (proximamente)
Varios
- Un alumno con TDAH envíanos esta información: Fundación Ingada
Licenza
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
Profesorado do IES San Clemente: Emilia Lamela e Marcos Vence, a partir dunha obra de Carla Mata dos servizos de valoración e diagnóstico TDAH Caenya, no Milladoiro.