Recomendación para un contorno real de traballo

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Se se desexa desenvolver o explicado aquí con SADMS, nun sistema real con varios equipos e onde os alumnos poden contribuír a introducir en masa varios equipos no dominio, recoméndase:


  • Instalar o equipo Ubuntu con tódalas aplicacións que se desexen.


  • Crear un usuario administrador la, a maiores de ladministrador. O usuario la debe iniciar a sesión automaticamente. Con este usuario validaranse os alumnos. Cando o equipo estea no dominio, deshabilitarase remotamente por ssh.


  • Instalar ssh e sadms.


  • Configurar os arquivos de sadms que se amosaron nas seccións anteriores, comprobar que todo funciona correctamente e parar os servizos de sadms.


  • Configurar todo canto se desexe.


  • En Sistema->Administración->Pantalla de Acceso configurar para que o usuario la poida iniciar a sesión de xeito automático.


  • Clonar o equipo e despregalo nos equipos que se desexe.


  • O equipo vai iniciar sesión automaticamente, so queda configurar o seu nome o seu enderezo IP e proceder con sdams e co o usuario a habilitado para a ocasión.


  • Unha vez que o equipo está no dominio, deshabilitar o inicio automático e o propio usuario la, para que os alumnos non poida entrar. Lembrar que queda activado o usuario ladministrador.


  • Con que nome nomear o equipo se se ten un inicio dual. A nosa recomendación é:
    • A11EQW21 (aula 11 equipo 21, (W)indows)
    • A11EQL21 (Aula 11 equipo 21, (L)inux)
    • Os dous coa mesma configuración IP, e os dous dados de alta no servidor DNS, con distinto nome e mesma IP.


  • Lembra que como se vai traballar co protocolo NETBIOS, este limita o nome das máquinas de dos nomes NETBIOS de dominio (Os nomes de dominio sen o punto e os dominios finais) a 15 caracteres.


  • Un dos problemas que se ten co que se explicou nos apuntes é que en cada equipo que o usuario do dominio vaia iniciando sesión, vaise ir creando unha carpeta local para o home do usuario onde logo se montarán as carpetas de rede. O usuario vai ter distintos perfiles en GNU/Linux, tantos como equipos nos que se sente.
    • Como solucionalo?, pois poñendo un servidor NFS GNU/Linux metido no dominio de Windows e que exporte as carpetas home dos usuarios ós equipos GNU/Linux que están metidos no dominio.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).