Programas de particionamento

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Programas de Particionamento

Existen moitos programas de particionamento: Fdisk(MS-DOS), diskpart (Windows), fdisk(Gnu/Linux), cfdisk, parted, gparted , Partition Magic, Acronis, ... mais todos os programas de particionamento:

  1. Amosan a táboa de particións.
  2. Permiten cambiar, crear a partición activa -incluso algúns permiten por máis dunha partición como activa-.
  3. Posúen unha interface gráfica que pode ser máis o menos intuitiva visualmente (algúns só traballan na contorna consola e outros empregan consola gráfica)-
  4. Permiten dar formato con 1 ou varios sistemas de ficheiros,

pero basicamente só existen dous programas de particionamento:

  • Aqueles que permiten crear/eliminar particións: como fdisk, cfdisk.
  • Aqueles que permiten crear/eliminar/redimensionar/mover particións: como parted, gparted.


--ricardofc 14 nov 2008