Programación xeral do departamento de informática
Funcións asumidas polo departamento
O departamento de informática está formado neste curso académico por catro profesores con destino definitivo no centro. Detállase a continuación a carga de docencia asignada ao departamento e o profesorado que a asume.
- Ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
- 1º curso:
- Módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos: Carlos Lorenzo González-Viso
- Módulo de Aplicacións Ofimáticas: Juan Carlos López Díaz
- Módulo de Sistemas Operativos Monoposto: Carlos Lorenzo González-Viso
- Módulo de Redes Locais: Antonio de Andrés Lema
- 2º curso:
- Módulo de Aplicacións Web: Nuria Pérez Crespo
- Módulo de Seguridade Informática: Antonio de Andrés Lema
- Módulo de Servizos en Rede: Nuria Pérez Crespo
- Módulo de Sistemas Operativos en Rede: Juan Carlos López Díaz
- 1º curso:
- ESO:
- Materia de informática de 4º curso: Antonio de Andrés Lema
Ademais, dentro do departamento asúmense as seguintes funcións:
- Titoría de 1º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
- Titoría de 2º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Titoría e coordinación da Formación en Centros de Traballo): Nuria Pérez Crespo
- Xefatura do departamento: Carlos Lorenzo González-Viso
- Dinamización das TIC no centro:
- Coordinación do proxecto Abalar:
- Mantemento e dinamización da páxina web do centro:
Obxectivos xerais do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
Ademais dos obxectivos xerais recollidos nas programacións dos distintos módulos do ciclo, da análise realizada dos resultados das avaliacións feitas en cursos pasados tanto ao alumnado que xa rematou o ciclo como ás empresas que colaboraron na realización da FCT, conclúense os seguintes obxectivos xerais que serán traballados de forma transversal:
- Comprender e manexar textos técnicos e vocabulario técnico en Inglés.
- Comprender e asumir hábitos correctos na realización do traballo: Participación activa, limpeza, puntualidade, etc.
Actividades complementarias
Prevese realizar, polo menos, unha saída por trimestre para visitar empresas ou organismos que permitan coñecer a aplicación práctica dos contidos desenvolvidos nas aulas.
As saídas previstas para este curso son as seguintes:
Trimestre | Actividade |
---|---|
1º | Visita a TVG (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela |
1º | Visita ao SERGAS (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela |
2º | Organización do concurso de robots LEGO (data aínda sen concertar), en As Neves |
2º | Xornadas de software libre no IES A pinguela (data aínda sen concertar), en Monforte de Lemos |
3º | Visita a VODAFONE (data aínda sen concertar), en Vigo |
3º | Visita ao hospital de Montecelo (data aínda sen concertar), en Pontevedra |