Proba

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Xen ten uns contedores de discos das MVS VDIs (Virtual Disc Image) que se coñecen con nome de Storage Resources (SR).
  • Estes SR poden ser locais, como nos escenarios anteriores, ou remotos.
  • Neste apartado veremos como crear/migrar discos de MVs, VDIs (Virtual Disc Image) en SR remotos.
  • Este almacenamento externo ou remoto pode ser conectado ao host mediante:
    • Tarxetas HBA (Hot Bus Adpaters) (http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptador_de_host), que permiten ter un camiño directo á SAN sen ter que facer uso do procolo TCP/IP.
      • Neste caso o equipo veo o almacenamento como se o tivera conectado directamente, como se por exemplo fose un disco SATA ou SCSI.
      • Existen tarxetas iSCSI (HBA) que se conectan directamente ao equipo.
  • A seguinte imaxe amosa un exemplo dunha tarxeta iSCSI:

Iscsi hba.jpeg

  • Estas imaxes amosan unha cabina de discos, NAS.


Introdución

  • XCP e XenServer son capaces de axustar a cantidade de memoria que consume cada MV en execución.
  • Poden manter a cantidade de memoria de cada MV entre uns valores mínimo, dos cales a MV nunca vai baixar, e un valor máximo do cal a MV nunca vai subir e sempre vai consumir mentres o host teña memoria física dispoñible.
  • No caso de que ao iniciar unha MV o host non dispuxera de RAM física para ela, entón as MVs en execución con Control Dinámico da Memoria (DMC) van reducir a cantidade de memoria que consumen, sempre sen baixar do mínimo, para liberar memoria física para a nova MV.
  • Sen DMC unha MV sempre consume a mesma RAM física, e se o host está usando toa a súa RAM e se inicia unha nova MV entón vaise obter o erro out of memory.
  • Unha MV debe ter instalado XenServer tools para usar DMC.
  • Esta funcionalidade non está dispoñible na edición XenServer Free


Xestión de DMC

  • A continuación vaise realizar un exemplo con 2 MVs coas Tools instaladas e unha terceira que non.






-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez