Preparar un CD de Windows personalizado

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución a nLite e vLite

nLite é un asistente para crear un CD personalizado de Windows, poderemos quitar compoñentes, engadir drivers, agregar actualizacións, Service Packs,... e logo facer unha imaxe ISO que podemos pasar a un CD.

nLite é compatible con Windows 2000, XP e 2003.

Có lanzamento de Windows Vista apareceu un programa similar pero para este sistema operativo, chamado vLite.

nLite

Nl logo.jpg

Como xa se comentou, é unha utilidade sinxela que permite elixir libremente os compoñentes que non queres incluír na túa instalación de Windows 2000, XP e 2003, creando logo un CD instalable. Ademais poderase crear o CD engadindo as últimas actualizacións do sistema operativo (Service Packs), drivers de hardware que teña o equipo no que se instalará o Sistema Operativo e que non estea por defecto e moitas opcións de configuración máis.

Trátase dunha ferramenta que nos permite crear un CD de instalación de Windows totalmente personalizado.

Esta é unha utilidade freeware e pódese descargar dende a páxina web www.nliteos.com.

vLite

Vlogo.png

vLite é unha ferramenta para personalizar a instalación do Windows Vista.

As súas características principais son:

  • Actualizacións, packs de linguaxes e integración dos drivers.
  • Eliminación dos compoñentes non desexados.
  • Instalación desatendida.
  • Pequenos retoques á instalación.
  • Creación dunha imaxe ISO e queimar un CD/DVD de instalación.

Enlaces interesantes


--Vieites 15 out 2008