Portais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

Un portal de Internet é un sitio web que ofrece ó usuario, de forma fácil e integrada, ol acceso a unha serie de recursos e de servizos, entre os que poden atoparse buscadores, foros, documentos, aplicacións, compra electrónica, etc. Principalmente están dirixidos a resolver necesidades específicas dun grupo de persoas ou de acceso a información e servizos dunha institución pública ou privada.

Bcoos

Este é un portal super-sinxelo.

Drupal

Drupal-logo.png

Drupal é un sistema de administración de contidos para sitios Web. Permite publicar artigos, imaxes e outros servizos como foros, enquisas, votacións, blogs e administración de usuarios e permisos.

Drupal, é o equivalente fonético en inglés á palabra neerlandesa druppel que significa gota.

Drupal foi orixinalmente escrito por Dries Buytaert e é o software usado para impulsar os sitios web Debian Planet, Terminus1525, Spread Firefox e Kernel Trap.

A pesar de que comezou como un pequeno BBS, Drupal chegou a ser moito mais que só un portal de novas grazas á súa arquitectura flexible. Drupal componse dunha infraestrutura base e un conxunto de módulos que ofrecen un amplo conxunto de funcións, incluíndo sistemas de comercio electrónico, galerías de fotos, administración de listas de correo electrónico e integración de CVS. É posible engadir módulos de terceiros para modificar o comportamento de Drupal u ofrecer novas funcións.

Joomla!

Mw joomla logo.png

Joomla! é un sistema de administración de contidos de código aberto distribuído baixo licencia GPL.

Joomla! ten incluídas características como: facer caché de páxinas para mellorar o rendemento, indexamento web, feed RSS, versiónes imprimibles de páxinas, flash con novas, blogs, foros, enquisas, calendarios, buscas no sitio web,...

O seu nome é unha pronunciación fonética para anglófonos da palabra swahili jumla que significa "todos xuntos" ou "como un todo". Escolleuse como unha reflexión do compromiso do grupo de desenvolvedores e a comunidade do proxecto.

A primeira versión de Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada o 16 de setembro de 2005. Tratábase dunha versión millorada de Mambo 4.5.2.3 combinada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Actualmente (Febreiro de 2008) a última versión de Joomla! é a 1.5.1.

Plone

Logo-plone.jpg

Plone é un Sistema de Xestión de Contidos baseado en Zope (que ten milleiros de desenvolvedores en todo o mundo) e programado en Python. Trátase dun desenrolo en código aberto e, a diferencia dos demais, Plone pode empregarse directamente como servidor de intranet ou extranet. Así será un Sistema de Publicación de documentos e unha ferramenta de traballo en grupo para colaborar entre entidades distantes. Moi interesante é utilizar Plone se queremos crear unha web para difundila nun CD ou DVD.