Periféricos de seguridade
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Neste apartado podemos diferenciar dous grandes grupos, uns periféricos que permiten asegurar o noso equipo, para que non sexa roubado e outro tipo, moi utilizados hoxe en día, para autenticar ao usuario como reforzo do típico usuario+contrasinal.
- O dispositivo de seguridade Kensington, tamén chamado K-Slot ou Kensington lock é un sistema antirrobo deseñado pola empresa Kensington Computer Products Group. A maioría dos portátiles e moitos equipos e periféricos (como os monitores) teñen un pequeno buraco reforzado con metal. O dispositivo en si é un cadeado que irá conectado a ese pequeno buraco e algún elemento da oficina ou aula facendo así que non sexa posible roubar o equipo en cuestión.
- Lector de tarxetas de autenticación e DNI electrónico.
- Lectores de parámetros biométricos como impresións dixitais, detectores faciais e de retina.
-- Volver