PMDM - Android - Tarefa 3
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Actividade Unidade 3
- Para a realización da tarefa 3 facilítanse algúns recursos nos seguintes enlaces:
- APK da aplicación do que se pide na Tarefa 3:
-
- Código fonte da aplicación (Proxecto) coa Activity Preguntas sen desenvolver:
- Media:Memoriae_Tarefa_3.zip
- As solucións aí aportadas non son únicas e poderíanse aproximar doutras formas.
- Código fonte da aplicación (Proxecto) coa Activity Preguntas sen desenvolver:
Tarefa 3
- Pódese instalar o APK da versión reducida e observar o que fai a aplicación.
- No proxecto que se anexa van todas os XMLs e o código Java das Activities creadas até agora salvo de Preguntas.
- A tarefa consiste en importar o proxecto da tarefa 3 e desenvolver o código da Activity Preguntas.
- Unha vez importado en Eclipse ir ao menú: Project->Clean.
- Para realizar a tarefa farase uso:
- das clases:
- Preguntas e
- LoxicaXogoPreguntas
- que están en /src no paquete com.platega.memoriae.loxica
- Dos recursos xml que están no proxecto.
- das clases:
- Antes de continuar obsérvese o código desas clases.
- As funcións que hai que desenvolver na clase ActivityPreguntas son as seguintes:
- Non faría falla tocar ningunha outra clase
- Crear un array de preguntas facendo uso da clase Preguntas. Poñer o atributo Paquete=1.
- Cando se inicie a actividade Preguntas:
- Cronómetro debe poñerse en marcha
- As preguntas marcadas como non vistas.
- Indicar cun Toast cantas preguntas hai en total para responder.
- Debe aparecer de modo aleatorio o enunciado dunha das preguntas anteriores que non saíra antes.
- O enunciado debe adaptarse ao idioma da aplicación: Galego por defecto, Inglés para calquera das variedades que se fala no mundo dese idioma: getResources().getConfiguration().locale.getDisplayLanguage();.
- Ás respostas ás preguntas realizaranse das seguintes formas:
- Se se usa unha versión de Android inferior á 3: premendo sobre as imaxes OK ou NO, segundo corresponda.
- Se a versión de Android é superior á 3: arrastrando a imaxe da interrogante cara unha das imaxes OK ou NO, segundo corresponda.
- En calquera caso comprobarase a resposta dada contra a resposta que ten gardada a pregunta.
- Tamén se sacará unha mensaxe (Toast) indicando se a resposta dada foi correcta ou fallida. Ter en conta os idiomas (usar os recursos XML).
- Cada vez que se acerte ou se falle incrementaranse os contadores inferiores da Activity.
- Cando non haxa máis preguntas:
- pararase o crono
- sacarase unha mensaxe (Toast) indicando que non hai máis preguntas. Ter en conta os idiomas (usar os recursos XML).
- Se se segue respondendo á última pregunta que está na pantalla, non debe ter efecto, nin debe pecharse a aplicación, nin se deben incrementar os contadores.
- Se se volve á Activity Principal e logo outra vez a Preguntas débese comezar de novo a amosar as preguntas como se non se amosaran antes.