De Manuais Informática - IES San Clemente.
A través da WIKI pódense xerar documentos PDF das paxinas que queiramos.
Para facelo teremos que seguir o seguinte proceso:
- Proceso para xerar un libro PDF
Na parte esqueda da paxina web seleccionamos a opción de 'Importar/Exportar' e escollemos a opción de 'Crear libro'.
Prememos sobre o botón 'Comenzar creador de libros'.
Agora iremos polas diferentes paxinas do sitio web engadindo aquelas que nos interesan.
Unha vez rematamos de engadir paxinas debemos premer a opción 'Mostrar libro'.
Agora podemos dar un título, ordear doutra formas as paxinas seleccionadas (parte inferior esquerda) ou 'Descargar como pdf' para xerar os apuntes. Escolleremos esta opción.
Aparecerá unha mensaxe indicando que se está xerando o libro.
Unha vez rematado xa podemos descargalo.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2021).