OpenSSH
Este artigo está en construción. Os autores do mesmo están traballando nel.
Se queres axudar á súa realización ou, simplemente, queres facer algún tipo de comentario, envía un mail a un dos autores que aparecen no pé deste artigo."
Introdución ao servidor OpenSSH
OpenSSH (Secure Shell, Entorno Seguro) é un paquete que contén un grupo de programas para a transferencia remota segura:
- scp (Secure Copy, Copia segura).
- ssh (Secure Shell, Intérprete de comandos seguro).
- sftp (SSH file transfer protocol, Protocolo de transferencia de arquivos sobre SSH).
ssh é a ferramenta a elixir para a administración remota do sistema. Poderemos iniciar sesión en sistemas remotos e executalos coma si estivésemos fisicamente neles. O inicio de sesión e os datos cífranse e compróbase se os arquivos enviados foron alterados durante a transferencia.
En realidade SSH non é un intérprete de comandos, SSH é un protocolo. Hai dúas versións incompatibles entre si: SSH-1 e SSH-2.
Na actualidade emprégase SSH-2 que está descrito en 5 documentos:
- SSH Assigned Numbers (RFC 4250)
- SSH Protocol Architecture (RFC 4251)
- SSH Authentication Protocol (RFC 4252)
- SSH Transport Layer Protocol (RFC 4253)
- SSH Connection Protocol (RFC 4254)
Instalación do servidor SSH
Instalamos o servidor OpenSSH. Por exemplo, para instalalo nunha distribución Ubuntu:
# apt-get install openssh-server
Arrancar o servidor SSH
O demo de SSH é sshd. Para iniciar sshd:
# /etc/init.d/sshd start
Para deter sshd:
# /etc/init.d/sshd stop
Así e todo, o mellor é comprobar os nomes dos arquivos init, pois poden variar segundo a distribución.
Agregar seguridade ao servidor SSH
Enlace de interese para a distribución Ubuntu.
É interesante aumentar a seguridade do servidor, para iso editaremos o arquivo /etc/ssh/sshd_config e cambiaremos ou engadiremos as seguintes liñas:
Cambiar o porto por defecto
Por defecto o SSH escoita no porto 22, é interesante cambialo por un que só nos saibamos. Por exemplo, para facer que escoite no porto 1122 engadiremos a directiva Port:
Port 1122
Conexión dende un PC con Windows
O mellor neste caso é empregar o software PuTTY.
O único que hai que facer é descargalo, instalalo e executalo. Despois debe de escribirse o nome, ou a IP, do ordenador ó que se quere conectar, e logo facer clic en Open.
O programa é un executable (putty.exe), colle en calquera disquete e pode executarse dende unha memoria USB, disquete ou similar.
Para acceder dende Windows tamén poderíamos utilizar o Cygwin.
- Ligazón de Interese: Putty para plataformas Windows e UNIX
Exemplos conexión SSH
Ligazón Exemplos