Obxectivos e escenarios da Parte V (Samba 3)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Preparativos
- Antes de comezar asegurarse de ter unha instantánea do último escenario da parte anterior: Escenario 2.C - Backup
Obxectivos
Neste Parte V abordarase os seguintes obxectivos:
- Comprender a estrutura e os compoñentes básicos de samba.
- Instalar e configurar o servidor samba, autenticando os usuarios contra o servidor LDAP.
- Integrar equipos Windows cliente no dominio samba.
- Compartir recursos no servidor samba.
- Definir scripts de inicio de sesión para os equipos Windows cliente do dominio samba.
- Veremos como montar por CIFS/SAMBA as carpetas do servidor en clientes Linux en vez de facelo por NFS.
- Tamén se crearán scripts de inicio de sesión de rede para clientes Linux.
Escenario 3.A. SAMBA3 - Clientes Windows
- A imaxe mostra a instalación do servidor samba tomando como backend o servidor LDAP. Os clientes Windows do dominio utilizarán o servidor samba para autenticar os usuarios, así como para acceder a carpetas compartidas, incluíndo as carpetas persoais dos usuarios:
- A imaxe amosa o escenario a montar, onde os clientes Windows aceden aos recursos compartidos no servidor por SMB/CIFS.
- Observar como os clientes Linux seguen accedendo aos recursos do servidor por NFS.
Escenario 3.B. SAMBA3 - Clientes Linux
- A imaxe amosa o escenario a montar, onde os clientes Linux tamén aceden aos recursos compartidos no servidor por SAMBA/CIFS