Obxectivos e escenarios da Parte III

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Antes de comezar esta parte asegurarse de ter unha instantánea do escenario 1.E (ou 1.F se se fixo LDAPS) da parte II das tres MVs: dserver00, uclient01 e uclient02.

Obxectivos

  • Nesta Parte III abordaranse os seguintes obxectivos:
    • Comprender a estrutura e compoñentes básicos da compartición de arquivos a través de NFS.
    • Instalar e configurar servidor NFS.
    • Configurar o cliente NFS para usar as carpetas compartidas polo servidor.
    • Compartir os home dos usuarios para que estes poidan iniciar sesión dende calquera cliente e almacenar a súa información na carpeta home do servidor.
  • O escenario co que traballaremos é o seguinte:

00 Dominios Linux Escenarios parte 02 A.jpg

  • Esta imaxe mostra a instalación do servizo NFS.
  • Compartindo 2 carpetas en dserver00 nun novo disco: /home/iescalquera e /comun.
  • Os clientes deben estar configurados para que os usuarios de LDAP poidan validarse contra dserver00 e ao mesmo tempo acceder ás carpetas persoais e a comun.
  • Por último axustaranse os permisos das carpetas facendo uso dos permisos POSIX (na parte V farase uso de Listas de Control de Acceso ou ACLs).
  • En dserver00, crearemos a seguinte estrutura:

00 Dominios Linux Escenarios parte 02 Permisos Usuarios.jpg



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez