O Escritorio, a aparencia e configuración do sistema. PROVISIONAL

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • IMPORTANTE, non imprimir este apartado ate que sexa definitivo. Pódese probar todo canto nel se recolle, pero ao mellor cámbiase algunha redacción ou imaxe.



Veranse a continuación os distintos elementos que permitirán personalizar a contorna de traballo: o escritorio, os menús, as aplicacións, etc.

O escritorio

  • Ubuntu basea o seu escritorio en GNOME. Este ten 2 barras chamadas paneis. Un panel superior (onde están os menús) e outro inferior (onde se ven as aplicacións abertas).
  • A versión actual de Ubuntu ten un entorno gráfico que se denomina Unity. Este é un interface desenvolvido sobre GNOME.
  • A páxina oficial de Unity http://unity.ubuntu.com/, indica que este interface pretende ser un contorno integrado, elegante e sinxelo para o acceso á información do usuario así como ás aplicacións. Ademais, de estar xa preparado para, os cada vez máis presentes, dispositivos táctiles.


O Escritorio Unity

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio.jpg

  • Fixarse que o escritorio caracterízase por:
    • Iniciador ou Lanzador: barra lateral esquerda onde se acceden aos datos do usuario, ás aplicacións que se usan con máis frecuencia, á configuración do sistema, aos discos e ao papeleira. Dentro de Iniciador resaltar:
      • Icona Dash ou Inicio: que está na parte superior e serve para acceder a tódolos programas e cartafoles que non está no Iniciador.
    • Panel superior: serve para conter os menús das aplicacións que se están a usar. Ademais contén a área de indicadores.
    • Área de indicadores: conten ferramentas que serven para ter control de Ubuntu e ademais é onde as aplicación informan ao usuario de algunha incidencia ou evento.


A icona de actualizacións automáticas Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 00.jpeg

  • Observar como no Iniciador está a icona de actualizacións. Unha vez ao día o sistema encárgase de buscar actualizacións para o propio sistema e para os programas instalados. Neste caso hai 6 actualizacións dispoñibles.
  • Se hai actualizacións a icona xa aparece automaticamente avisando das novidades. Se se desexa pode procederse a instalar as actualización como xa se viu na parte II:

Unity en acción

A continuación vanse ir abrindo distintas aplicacións ou cartafoles dende o Iniciador para observar o seu comportamento.

Xogar coa distribución das ventás

  • En Unity pódese axustar os tamaños das ventás de moitas formas:

O menú das aplicacións ou ventás

  • Cando se abre unha aplicación ou cartafol, estes poden ter o menú asociado:
    • na propia ventá, como no caso anterior do Writer,
    • no panel superior, como no seguinte caso.

A aplicación activa

  • Se hai varias ventás abertas, como saber cal é a que está activa?.


As iconas do Iniciador

  • Estas iconas poden eliminarse do Iniciador (con iso non se elimina a aplicación) e pódense fixar outros asociados a aplicacións que usamos con máis frecuencia. Tamén se poden mover de lugar.

Máis iconas no iniciador das que se poden amosas

  • Hai veces nas que se abren moitas aplicación, as súas iconas asociadas, van para o Iniciador, pero este ten un tamaño finito. Como poder acceder a tódalas iconas do iniciador?



A tecla Super ou Windows

  • Na parte inferior do teclado, ao lado da tecla CTRL, está a tecla chamada Súper ou Windows (porque ten un debuxo das ventás de Windows). Esta tecla tamén ten funcións en Ubuntu / Unity.

TeclaWin.png

Atallos de teclado e trucos do rato para Unity

  • Co teclado e o co rato pódense facer moitas cousas no escritorio de Unity. Para aquel que desexe entreterse queda esta imaxe como síntese de de moitas das opcións que hai. En internet ha moitas páxina adicadas aos atallos do teclado e trucos do rato para Unity.

Unity cheatsheet.png

Espazos de traballo

No xestor de escritorios GNOME e KDE é posible ter varios escritorios de traballo. En cada un deles cada usuario pode ter distintas aplicacións e ventás abertas.


O Lixo

  • Cando se borra un documento ou unha carpeta esta vai para a papeleira, isto é: Ao lixo

Área de indicadores

  • No panel superior no lado dereito é onde está un conxunto de utilidades que serven para controlar o sistema e ademais é onde algunha aplicacións notifican o seu estado.

Ate aquí a parte provisional.

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez feb 2012 (GMT)