O Dash/Inicio. As aplicacións

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • O Dash ou Inicio é o equivalente a nunha empresa ao Cadro de mando. Consiste nunha icona situada na parte superior do Iniciador e permite o acceso rápido aos ficheiros e cartafoles, busca de ficheiros, executar e instalar aplicacións, utilidades de configuración, etc.
  • Cando se abre o Dash aparece un taboleiro dende o que se pode facer ás accións anteriormente indicadas. Hai varios taboleiros, para aplicacións, para música, para ficheiros, etc. Cada un deses taboleiros chámase Lente.

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 88.jpeg

  • Nesta lente inicial pódese observar que hai acceso as aplicacións que mais uso lle pode dar un usuario (web, correo, música). *A continuación imos pasar a ver máis afondo as distintas lentes ou taboleiros.
  • IMPORTANTE:
    • A lente anterior pertence á Ubuntu 14.04 pero a continuación as imaxes van amosarse para a versión 11.10. O usuario debe quedarser con:
      • Filosofía de funcionamento, pois é mesma para as distintas versións de Ubuntu.
      • Nas lentes dunha versión a outra poden aparecer máis ou menos programas.
      • Un programa pode cambiar de estar asociado a un grupo de programas a estar noutro grupo de programas.
      • A lente anterior amosa a posibilidade de ir a 7 lentes distintas. A continuación só se verán as 4 da versión 11.10, pero lembrar que a filosofía de traballo é mesma.

Procura de ficheiros e aplicacións

  • Imos comezar creando un ficheiro.

Taboleiros ou lentes por defecto

  • Unity trae taboleiros ou lentes instalados por defecto
    • Catro no caso de Ubuntu 11.10.
    • Cinco no caso de Ubuntu 12.04.
    • Seis no caso de Ubuntu 12.10.
    • Sete no caso de Ubuntu 14.04
    • En calquera caso o seu funcionamento é o mesmo.
    • Pódense instalar máis e por internet hai información de como facelo.
    • As imaxes que veñen a continuación baséase na distribución 11.10 de Ubuntu, no caso de que as versións 14.04 ou posteriores precisen aclaracións extra, estas serán realizadas ao longo do seguinte material.


  • Notas á versión 14.04.
    • Temos 3 lentes máis:
      • Xestión e procura de vídeos.
      • Xestión e procura de fotos.
      • Xestión e procura de mensaxes.

A lente dos aplicativos ou aplicacións

  • Imos ver as aplicacións en función de como está clasificas por categorías.
  • OLLO, como dicíamos, nas seguintes imaxes elaboradas coa versión 11.10 pode haber diferencias coa versión 14.04, pero a filosofía é a mesma.
    • Haberá Categorías de aplicacións que teñan máis ou menos aplicacións dunha versión á outra.
    • Haberá aplicacións que nunha distribución estrarán nunha categoría, e noutra distribución noutra categoría.

Accesorios

Gráficos

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 100.jpeg

  • Ollo de eliminar calquera cousa da barra de busca superior.
  • Ao premer en Gráficos tamén queda marcado o filtro anterior Accesorios, premer neste último para desactivalo. Que só estea marcada Gráficos.
  • Observar o que está instalado e as suxestións que se fan de aplicativos relacionados cos gráficos que se poderían instalar.
  • Vemos un escáner sinxelo (é conectar o escáner e xa funciona, isto verase na parte VI do curso, pero por probar).
  • Non se ve o famoso Gimp. Non preocuparse logo imos instalalo.

Multimedia

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 101.jpeg

  • Ollo de eliminar calquera cousa da barra de busca superior.
  • Observar:
  • Que está instalado e as suxestións que se fan de aplicativos relacionados coa Multimedia que se poderían instalar.
  • O gravador de discos Brasero (é equivalente ao Nero que se instala no MS Windows). Instalado por defecto.
  • O reprodutor de películas.
  • O reprodutor de música: Banshee (Ubuntu 11.10) ou Rhythmbox (Ubuntu 14.04). Pero isto é como desexen eles, dunha versión a outra cambian, volve a poñer o anterior, etc, etc.

Personalización

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 102.jpeg

Observar:

  • Compartición do escritorio: para que se poida acceder ao escritorio dun equipo dende outro ordenador.
  • Configuración do idioma.
  • O Creador de discos de arranque (Na categoría Sistema na versión 14.04): Unha utilidade moi boa para pasar unha imaxe ISO de Ubuntu (das que se baixaron na Parte I para instalar) a un USB, ollo vanse perder os datos do USB, pero ao menos xa se ten un USB que pode iniciar calquera ordenador en Ubuntu sen alterar o ordenador para nada. Isto é, poderíase levar un sistema operativo Ubuntu nun lapis USB e iniciar calquera ordenador que permita iniciar dende USB para traballar nese ordenador sen alterar o disco duro dese equipo. Gardar os traballos realizados perante o tempo de traballo no mesmo USB, de xeito que eses documentos estarían dispoñibles no USB e no próximo equipo no que se inicie con ese USB.

Xogos

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 103.jpeg

Non todo vai ser traballo!!!

Sistema

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 104.jpeg

  • Aquí tamén está a utilidade Creador de discos de arranque.
  • E moitas cousas que se van ver no que resta de curso.

Ofimática

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 105.jpeg

  • Todo o relacionado coa ofimática.

Internet

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 106.jpeg

  • O famoso BitTorrent para descarga de ...

Educación. Ciencia e enxeñería

  • Premer na categoría de Educación...

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 107.jpeg

  • Non hai ningunha aplicación instalada nesta categoría pero poderíase instalar algunhas das suxerencias.
  • Se se preme noutra categoría.... Por exemplo Ciencia e enxeñería

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 108.jpeg

  • E se volve a categoría de Educación

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 109.jpeg

  • Observar como agora ofrece programas distintos aos anteriores para instalar.
  • Por exemplo kBruch para practicar con fraccións.

Accesibilidade

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 110.jpeg

  • Amosa unha utilidade para que os usuarios con diversas dificultades de visión poidan coñecer o que se está a ver na pantalla por medio da ampliación desta, reprodución por voz ou braille (se se dispón do periférico adecuado).

Filtrar aplicativos

  • Se se desexa buscar un aplicativo pero non se sabe en que categoría está, non pasa nada. Só hai que desactivar todos os filtros, comprobar que estea marcada a opción Todos

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 111.jpeg

  • Escribir algo relacionado coa aplicación que se busca ... e...




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez