Modificación do contido dos elementos
Imos ver nesta sección como podemos editar contido HTML ou de texto no documento dun xeito moi sinxelo con jQuery.
Modificar contido HTML ou de texto
Un primeiro comando que temos para recuperar o contido HTML dun elemento é mediante o comando html(). Si chamamos a este método sin parámetros recuperamos o contido HTML do elemento (idéntico á propiedade innerHTML en JavaScript), e se lle pasamos como parámetro código HTML estamos modificando ese contido.
Tamén podemos obter o texto plano dese obxecto empregando o comando text(). Vexamos o seguinte exemplo:
<script type="text/javascript" src="http://code.jquery.com/jquery-latest.js"></script>
<ul id="unhaLista">
<li>Un</li>
<li>Dous</li>
<li>Tres</li>
<li>Catro</li>
</ul>
<script language="javascript">
var meuHtml = $('#unhaLista').html();
var meuTexto = $('#unhaLista').text();
alert(meuHtml);
alert(meuTexto);
</script>
meuHtml conterá: <li>Un</li><li>Dous</li><li>Tres</li><li>Catro</li>
meuTexto conterá: Un Dous Tres Catro
Tamén se pode usar o comando text() para modifica-lo contido dese obxecto. Simplemente hay que pasarlle texto como parámetro.
$("li:eq(2)").text("Elemento actualizado");
Engadir, mover e copiar elementos
Para engadir contido ó interior dun obxecto na zoa final, empregaremos o comando append().
Este comando acepta unha cadea con contido HTML, unha referencia a un elemento actual ou creado recentemente, ou ben un grupo de elementos jQuery.
Por exemplo:
$('p').append('<b>algun texto mais</b>');
Esta instrucción engade o contido HTML pasado como parámetro ó final de cada párrafo pero sempre dentro do párrafo. Por exemplo o comando anterior tería como resultado nun posible párrafo:
<p>
Texto de probas...etc..etc...<b>algún texto mais</b>
</p>
Un uso máis complexo deste comando pode ser:
$("p.engadirAqui").append($("a.engadeMe"))
Sobre o comando append()
Esta instrucción engade todos os enlaces que empreguen a clase engadeMe ó final do párrafo que empregue a clase engadirAqui.
A disposición dos elementos orixinais depende do número de elementos que teñamos como destino. Si soamente hai un destino (un só párrafo engadirAqui, o elemento orixinal é movido da súa posición orixinal ó novo pai. No caso de que haxa máis dun elemento de destino o elemento orixinal queda na súa posición orixinal e copias deste elemento son engadidas a cada párrafo de destino.
A disposición dos elementos orixinais depende do número de elementos que teñamos como destino. Si soamente hai un destino (un só párrafo engadirAqui, o elemento orixinal é movido da súa posición orixinal ó novo pai. No caso de que haxa máis dun elemento de destino o elemento orixinal queda na súa posición orixinal e copias deste elemento son engadidas a cada párrafo de destino.
Código do exemplo completo:
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8" />
<title>Exemplo de mover e copiar</title>
<style type="text/css">
<!--
.engadirAqui {
}
.engadeMe {
}
-->
</style>
</head>
<body>
<ul id="unhaLista">
<li>Un</li>
<li>Dous</li>
<li>Tres</li>
<li>Catro</li>
</ul>
<a href="http://www.lavozdegalicia.es/24horas/index.htm" class="engadeMe">24 Horas</a>
<a href="http://www.lavozdegalicia.es/lomas/index.htm" class="engadeMe">Lo más visto</a>
<a href="http://www.lavozdegalicia.es/fotos/index.htm" class="engadeMe">Fotos</a>
<a href="http://www.lavozdegalicia.es/videos/index.htm" class="engadeMe">Vídeos</a>
<p class="engadirAqui">Párrafo de probas 1: </p>
<p>Outr párrafo</p>
<p class="engadirAqui">Párrafo de probas 2: </p>
<script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
<script>
$(document).ready(function()
{
var meuHtml = $('#unhaLista').html();
var meuTexto = $('#unhaLista').text();
alert(meuHtml);
alert(meuTexto);
$("p.engadirAqui").append($("a.engadeMe"));
});
</script>
</body>
</html>
O comando appendTo(destino) ten o mesmo funcionamento que append() movendo
(se o destino e único) ou copiando (se hai múltiples destinos) o elemento ou elementos
seleccionados á zoa interior final do destino indicado como parámetro.
Exemplos de uso:
$('#flor').appendTo('#destinos p')
$('#coche').appendTo('#destinos p:first')
No primeiro caso fará copias do elemento con ID flor e os engadirá nos párrafos contidos no obxecto con ID destinos. No segundo caso moverá o coche ó primeiro párrafo contido no obxecto con ID destinos.
Exemplo completo:
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8">
<title>Mover e Copiar con jQuery</title>
<style>
fieldset {
background-color:#FFCC66;
border-color:#00457B;
margin-bottom:12px;
}
legend {
background-color:#6699CC;
border:2px ridge #00457B;
color:white;
font-weight:bold;
padding:2px 16px;
}
</style>
</head>
<body>
<h2>Probando a mover e copiar<br>
O debuxo de Formación soamente se copia ou move ó primeiro párrafo. </h2>
<fieldset id="orixe">
<legend>Elementos Orixinais</legend>
<img src="http://www.gifss.com/profesiones/profesores/profesor-01.gif" name="profesor" width="70"
height="51" id="profesor"/>
<img src="http://www.unecaman.com/images/formacion.gif" name="formacion" width="70"
height="51" id="formacion"/>
</fieldset>
<fieldset id="destinos">
<legend>Elementos de Destino</legend>
<p><img src="http://www.gifs-animados.es/clip-art/entretenimiento/juegos-de-mesa/gifs-animados-juegos-de-mesa-4588196.jpg" width="70" height="51"/></p>
<p><img src="http://www.gifs-animados.es/clip-art/entretenimiento/juegos-de-mesa/gifs-animados-juegos-de-mesa-4588196.jpg" width="70" height="51"/></p>
<p><img src="http://www.gifs-animados.es/clip-art/entretenimiento/juegos-de-mesa/gifs-animados-juegos-de-mesa-4588196.jpg" width="70" height="51"/></p>
</fieldset>
<div>
<form action="" onSubmit="return false;">
<div>
<input type="radio" name="command" value="appendTo" checked="checked"/>
appendTo
<input type="radio" name="command" value="prependTo"/>
prependTo
<input type="radio" name="command" value="insertAfter"/>
insertAfter
<input type="radio" name="command" value="insertBefore"/>
insertBefore
</div>
<button type="button" id="testButton" onclick="execute()">Probar</button>
</form>
</div>
<script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
<script>
$(function) execute() {
var command = $('input[name=command]:checked').val();
$('#profesor')[command]('#destinos p')
$('#formacion')[command]('#destinos p:first')
}
</script>
</body>
</html>
prepend() e prependTo() funcionan de xeito semellante a append() ou appendTo(), pero a inserción do contido faise ó principio da zoa interior do elemento de destino e non ó final.
Imaxen do exemplo anterior:
Outra opción consiste en empregar o método insertAfter() ou insertBefore():
Con insertAfter(), o contido insértase despois do indicado polo párametro, é dicir non estará contido polo obxecto destino (método append).
Con insertBefore(), o contido insértase antes do indicado polo párametro, é dicir non estará contido polo obxecto destino (método prepend).
Exemplo:
$('<p>Hola mundo!</p>').insertAfter('p img');
Esta liña creará un párrafo co texto Hola mundo ! e este párrafo será insertado despois de cada imaxe que esté contida nun párrafo.
O mesmo exemplo con append e insertAfter:
$("p").append("<b>saúdos a todos</b>");
// Daría como resultado nun párrafo isto:
<p>texto párrafo<b>saúdos a todos</b></p>
// Pero si en cambio facemos un insertAfter:
$("<b>saúdos a todos</b>").insertAfter("p");
// o resultado será:
<p>texto párrafo</p><b>saúdos a todos</b>
[Máis información sobre insert(), insertAfter() e outros métodos de manipulación en jQuery]
Envolvendo elementos
Si por exemplo queremos meter un elemento dentro doutro, podemos empregar o comando wrap(envoltorio).
Por exemplo:
Texto orixe en HTML:
<a class="azuis" href="www.terra.es">texto de probas.</a>
$("a.azuis").wrap("<div class='probas'></div>");
Este comando colle todos os enlaces que estén empregando a clase azuis e os mete dentro do envoltorio div class.... dando como resultado o seguinte código HTML:
<div class="probas">
<a class="azuis" href="www.terra.es">texto de probas.</a>
</div>
Eliminar elementos
Si queremos vaciar ou eliminar un conxunto de elementos, podemos facelo empregando o comando remove().
Exemplo:
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8">
<title>jQuery</title>
<style>p { background:yellow; margin:6px 0; }</style>
</head>
<body>
<p>Hola</p>
Como te
<p>atopas hoxe?</p>
<button>Chamar a remove() nos parrafos</button>
<script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
<script>
$(document).ready(function(){
$("button").click(function () {
$("p").remove();
});
});
</script>
</body>
</html>
Imaxe do resultado:
Si en cambio o que queremos é limpar o contido que hai dentro dun elemento podemos facelo co método empty().
Exemplo:
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8">
<title>jQuery</title>
<style>p { background:yellow; margin:6px 0; }</style>
</head>
<body>
<div class="aReemplazar">HolaComo te
<p>atopas hoxe?</p>
</div>
<button>Chamar a empty()</button>
<script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
<script>
$(document).ready(function(){
$("button").click(function () {
$("div.aReemplazar").empty();
});
});
</script>
</body>
</html>
Imaxe do exemplo anterior:
Un código moi empregado consiste en chamar a remove() despois de chamar a after(). Por exemplo no seguinte código:
<!DOCTYPE html>
<html lang="es">
<head>
<meta charset="UTF-8">
<title>jQuery</title>
<style>p { background:yellow; margin:6px 0; }</style>
</head>
<body>
<div class="aReemplazar">HolaComo te
<p>atopas hoxe?</p>
</div>
<button>Chamar a remove() despois de after()</button>
<script src="http://code.jquery.com/jquery-2.1.3.min.js"></script>
<script>
$(document).ready(function(){
$("button").click(function () {
$("div.aReemplazar").after("<p>Estamos reemplazando o div</p>").remove();
});
});
</script>
</body>
</html>
Debido a que after() (inserta o código despois do obxecto mencionado) devolve o envoltorio orixinal que contén o div, podemos removelo, resultando nun reemplazo do elemento orixinal.
Isto tamén se pode facer có método replaceWith. O exemplo anterio faríase con esta instrucción tamén:
$("div.aReemplazar").replaceWith("<p>Estamos reemplazando o div</p>");
Clonar elementos
Unha forma sinxela de facer copias de obxectos é empregando o método clone().
Empregar clone() non ten sentido a non ser que fagamos algún tipo de operación cas copias.
Exemplos:
$('img').clone().appendTo('fieldset.foto');
$('ul').clone().insertBefore('#aqui');
$('ul').clone().insertBefore('#aqui').end().hide();
A primeira liña: fai unha copia de tódalas imaxes e as engade a tódolos obxectos fieldset que empregan a clase foto.
A segunda liña: fai unha copia de tódalas listas desordenadas (incluídos os seus fillos) e esa copia é insertada antes de tódolos obxectos con id "aqui".
A terceira liña: fai o mesmo ca liña anterior, pero despois de insertar as copias o comando end() emprégase para seleccionar o conxunto de elementos orixinais e a continuación oculta-los con hide().
Valores dos elementos nun formulario
Para acceder ós elementos nun formulario dispomos do Form Plugin desenrolado polos membros do jQuery team, que nos permite realizar un montón de tarefas con calquera tipo de elementos nun formulario.
A forma sinxela de acceder ós valores dos elementos do formulario é empregando o método val().
Recordar que para xestionar ós atributos dun elemento faise con attr("atributo") ou attr("atributo","valor").
Este método si o chamamos sin parámetros devolve o valor de ese obxecto e se lle pasamos parámetros podemos modifica-lo value dese elemento.
Exemplo:
var s = $('input#nome').val();
Devolve o valor dun campo tipo input con id "nome".
Se desexa máis información visite o seguinte enlace: