Micrófono

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O micrófono é un transductor electroacústico. A súa función é a de transformar (traducir) as vibracións debidas á presión acústica exercida polas ondas sonoras sobre unha lámina, denominada diafragma, en enerxía eléctrica.

Microfono2.png
Microfono.jpg

Conectando este periférico ao noso equipo, poderemos, por exemplo, recoller o son da nosa voz para manter conversacións con outras persoas empregando o software adecuado.

É moi habitual que as cámaras web teñan integrado un micrófono para permitir realizar comunicacións de voz e vídeo simultaneamente empregando un software específico de comunicacións como Skype.

A conexión ao computador adoita ser polo porto USB ou por medio do jack laranxa do cartón de son

-- Volver