Lanzar unha Activity
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Cando se crea unha aplicación créase a Activity principal (A pantalla principal').
- Dende esta Activity pódese chamar a outras Activities (pantallas) da propia aplicación ou doutras.
- Para lanzar unha unha activity dende outra úsase a clase Intent.
- Un Intent permite chamar a outros Activities, pasarlles e recoller información, interactuar con servizos do sistema, etc.
- Na unidade 3 afondarase sobre o ciclo de vida dunha Activity.
- Referencias:
Caso práctico
- Crear o proxecto: U2_50_LanzarActivity.
Dende a pantalla principal vaise introducir un nome. Cando se prema o botón chamarase á segunda acivity que recibira o valor do cadro de texto. Ademais nesta primeira pantalla temos a opción de destruír esa activity no momento de chamar á segunda.
Aconséllase experimentar con esa opción e usar o botón Back unha vez que se está na segunda Activity.
Creación dunha segunda Activity
- Pódese facer manualmente ou a través da utilidade que proporciona o IDE para crear unha Activity.
O XML do layout da Activity principal
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
android:layout_width="fill_parent"
android:layout_height="fill_parent"
android:orientation="vertical" >
<TextView
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:text="Dime o teu nome" />
<EditText
android:id="@+id/et_nome"
android:layout_width="match_parent"
android:layout_height="wrap_content" />
<CheckBox
android:id="@+id/chk_destruir"
android:layout_width="match_parent"
android:layout_height="wrap_content"
android:checked="false"
android:text="Destruir esta activity ao chamar á nova" />
<Button
android:id="@+id/btn_enviar"
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:onClick="onEnviarClick"
android:text="Chamar á outra Activity" />
</LinearLayout>
A clase Java a activity principal
package com.example.u2_50_lanzaractivity;
import android.app.Activity;
import android.content.Intent;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.CheckBox;
import android.widget.TextView;
public class U2_50_LanzarActivity extends Activity {
public final static String NOME = "com.example.NOME";
@Override
protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
super.onCreate(savedInstanceState);
setContentView(R.layout.activity_u2_50__lanzar);
}
@Override
public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_50__lanzar, menu);
return true;
}
public void onEnviarClick(View view) {
TextView tvNome = (TextView) findViewById(R.id.et_nome);
CheckBox chkDestruir = (CheckBox) findViewById(R.id.chk_destruir);
Intent intent = new Intent(this, RecibirDatos.class);
intent.putExtra(NOME, tvNome.getText().toString());
startActivity(intent);
if (chkDestruir.isChecked())
finish();
}
}
- Liña 12: Definimos unha constante de tipo String, chamada NOME,
- Liña 31: Creamos un obxecto de tipo Intent. O construtor recibe 2 parámetros:
- O primeiro parámetro é unha referencia ao contexto (a clase Activity é unha subclase de Context, por iso poñemos this).
- O segundo parámetro é a clase que o sistema ‘intentará’ cargar (no noso caso o nome da clase asociada á Activity que desexamos cargar).
- Liña 32: Pasamos un valor String a través de NOME, definido na liña 12.
- Liña 33: Lanzamos a Activity
- Liña 35-36: Se o CheckBox do Layout está marcado entón destruímos esta Activity:
- Realizar probas marcando e desmarcando esta marca e premendo despois o botón Back.
O XML da Activity que recibe a chamada
<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
android:layout_width="match_parent"
android:layout_height="match_parent" >
<TextView
android:id="@+id/tv_resultado"
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:layout_centerHorizontal="true"
android:layout_centerVertical="true"
android:text="resultado" />
<Button
android:id="@+id/btn_pechar"
android:layout_width="wrap_content"
android:layout_height="wrap_content"
android:layout_below="@+id/tv_Resultado"
android:layout_centerHorizontal="true"
android:onClick="onPecharActivityClick"
android:text="Pechar" />
</RelativeLayout>
A clase Java da Activity que recibe a chamada
package com.example.u2_50_lanzaractivity;
import android.app.Activity;
import android.content.Intent;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.TextView;
public class RecibirDatos extends Activity {
@Override
protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
super.onCreate(savedInstanceState);
setContentView(R.layout.activity_recibir_datos);
Intent intent = getIntent();
TextView tvResultado = (TextView) findViewById(R.id.tv_resultado);
tvResultado.setText("Ola "
+ intent.getExtras().getString(U2_50_LanzarActivity.NOME));
}
@Override
public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
getMenuInflater().inflate(R.menu.recibir_datos, menu);
return true;
}
public void onPecharActivityClick(View view) {
finish();
}
}
- Para recuperar a información na segunda Activty hai que realizalo cando se está creando a Activity, pode ser nun método a parte chamado dende o onCreate() ou no propio onCreate();
- Liña 17: Creamos un intent onde recollemos cal foi o intent que iniciou esta Activity.
- Liña 22: Collemos a información que viña en NOME e a mostramos nunha etiqueta de texto.
- Liña 34: se se preme o botón de pechar destruirase esta Activity.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).