LIBGDX Importación dos proxectos a outros computadores

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UNIDADE 1: Importación dos proxectos a outros computadores


  • Se queremos levar o noso xogo a outro computador só temos que copiar ó cartafol onde están xerados.
  • Pero tendo coidado có lugar onde se atopa o SDK, xa que se este é diferente do orixinal temos dúas opcións:
  • Editar o arquivo local.properties e poñer a nova ruta ó SDK (como se indica na imaxe seguinte)
  • Ter no computador de destino definida a variable de entorno ANDROID_HOME apuntando a onde se atopa o SDK.

LIBGDX instalacion 100.jpg



Unha vez actualizado só temos que facer a importación dos proxectos como explicamos anteriormente.


Nota: Coidado co sentido das barras de separacións dos cartafoles cando copiedes a ruta, xa que se copiadas a ruta en windows dende un explorador de arquivos aparece como \ e se debe poñer así: /


Tamén pode suceder que se levades os proxectos a outro eclipse, este non teña a versión da API de Android que estades a utilizar noutro computador, e vos pode aparecer un erro na versión Android do xogo.

Para solucionalo só tedes que escoller algunha das API descargadas no voso eclipse:



Se por calquera razón vos da erro nos proxectos pode ser necesario recargar todas as dependencias. O podemos facer seleccionando todos os proxectos e premendo sobre a opción Refresh all do menú Gradle como amosa a seguinte figura:

LIBGDX instalacion 32.jpg




-- Ángel D. Fernández González -- (2014).