LIBGDX Importación dos proxectos a outros computadores
UNIDADE 1: Importación dos proxectos a outros computadores
- Se queremos levar o noso xogo a outro computador só temos que copiar ó cartafol onde están xerados.
- Pero tendo coidado có lugar onde se atopa o SDK, xa que se este é diferente do orixinal temos dúas opcións:
- Editar o arquivo local.properties e poñer a nova ruta ó SDK (como se indica na imaxe seguinte)
- Ter no computador de destino definida a variable de entorno ANDROID_HOME apuntando a onde se atopa o SDK.
Unha vez actualizado só temos que facer a importación dos proxectos como explicamos anteriormente.
Nota: Coidado co sentido das barras de separacións dos cartafoles cando copiedes a ruta, xa que se copiadas a ruta en windows dende un explorador de arquivos aparece como \ e se debe poñer así: /
Tamén pode suceder que se levades os proxectos a outro eclipse, este non teña a versión da API de Android que estades a utilizar noutro computador, e vos pode aparecer un erro na versión Android do xogo.
Para solucionalo só tedes que escoller algunha das API descargadas no voso eclipse:
Se por calquera razón vos da erro nos proxectos pode ser necesario recargar todas as dependencias.
O podemos facer seleccionando todos os proxectos e premendo sobre a opción Refresh all do menú Gradle como amosa a seguinte figura:
-- Ángel D. Fernández González -- (2014).