LIBGDX Fases no desenvolvemento dun xogo
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Pantalla Presentación
Pantalla Marcadores
Pantalla Pause
Pantalla Xogo
Transicións entre as pantallas
Gráficos do xogo
UNIDADE 2: Fases no desenvolvemento dun xogo
Fases
Para desenvolver o xogo previamente a codificación do mesmo temos que ter en conta unha serie de cuestións.
Temos que ter:
- Un nome.
- Unha historia.
- Papel (cuadriculado) e lapis para:
- Definir os elementos que integran as pantallas.
- Definir as pantallas.
- Crear un diagrama de transición entre pantallas.
- O papel cuadriculado é bo telo para ter unha referencia das proporcións entre os elementos gráficos do xogo. Así, se eu deseño unha bola de tamaño 2 cuadrículas e un xogador de tamaño 4x4, cando faga o xogo xa sei que vou ter que debuxar o xogador o dobre de grande que a bola.
- Ten que pertencer a unha categoría.
Neste derradeiro punto podemos atopar as seguintes categorías:
- • Xogo casual: Aquí poden entrar moitos tipos de xogos pero case todos eles teñan algunhas características comúns: son moi accesibles, incluso para aquelas persoas que non son etiquetadas como 'xogadores' habituais polo que aumenta o grupo de xogadores; cada sesión de xogo dura uns poucos minutos pero ó ser moi aditivos os xogadores poden estar horas xogando. Poden ser xogos de plataforma, de disparos ou de lanzar unha pelota a unha canastra.
- • Xogo de puzzle:
- • Xogo de acción e arcade:
- Este xénero inclúe sub-xéneros como os xogos de plataforma, xogos de carreiras, xogos de disparos
en primeira ou terceira persoa.
- • Xogos de Torres de defensa (Towers-Defense ou TD): O obxectivo deste tipo de xogos é lograr que as unidades inimigas non cheguen a cruzar o mapa. Para logralo débense construír torres que ataquen os inimigos ó pasar.
- Máis información: http://es.wikipedia.org/wiki/Tower_defense
- Xogos deste tipo: http://www.playtowerdefensegames.com/categories/1/defense-tower-games.html
- • Innovación: Este tipo de xogos utilizan as novas funcionalidades que nos ofrecen os dispositivos Android (cámara, gps,...) para desenvolver xogos con novas experiencias.
Información obtida do libro Beginning Android Games By Mario Zechner
Xogo a desenvolver
No caso do xogo que nos ocupa.
Nome e datos principais
- NOME: Alien Scape.
- HISTORIA: Uns alien´s chegaron ó noso planeta para intentar salvalo da contaminación. Un conxunto deles infiltráronse entre nos pero acabaron medio tolos ó intentar comprendernos.
- Tiraron a toalla e agora queren escapar do noso mundo, pero é necesario que cheguen á nave nodriza atravesando mares de auga, lava e múltiples perigos.
- OBXECTIVO: Salvar a maior cantidade de alien´s antes de que a nave nodriza se vaia.
- CATEGORÍA: Casual.
Pantallas
Graficos
-- Ángel D. Fernández González -- (2014).