Jacks

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O conector de audio (audio jack) de sinais analóxicas utilízase para conectar micrófonos, auriculares e outros sistemas de sinal analóxica a dispositivos electrónicos, aínda que, sobre todo, audio.

  • Denomínase tamén conector TS (tip-sleeve, punta-funda), de tipo desbalanceado, ou conector TRS (tip-ring-sleeve, punta-anel-funda), de tipo balanceado. Hainos de distintas medidas, pero o máis popular é o conector de 3,5 mm usado na maioría de teléfonos intelixentes (aínda que parece que por pouco tempo).
  • En dispositivos móviles, onde os auriculares tamén inclúen micrófono, denomínase conector TRRS (tip-ring-ring-sleeve, punta-anel-anel-corpo).
  • As siglas TS, TRS e TRRS, son o resultado do tipo de conector segundo a súa construción.
  • As tarxetas de son utilizan este tipo de conectores, sempre de tipo femia, ao que hai que conectar os altofalantes ou outros dispositivos por medio dun conector macho de 3,5 mm de diámetro.
  • Como teñen varios conectores deste tipo, utilízase un código de cores para distinguilos. Estas cores foron estandarizadas por Microsoft e Intel en 1999 para computadoras persoais (PC) como parte dos estándares PC 99.
Jacks

-- Volver