Introdución á programación

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

Xlogo-logo.png

XLOGO é un intérprete LOGO escrito en Java. Actualmente soporta varios idiomas, entre eles o galego, e distribúese baixo licenza GNU/GPL.

LOGO é unha linguaxe desenvolvida nos anos 70 por Seymour Papert. É unha linguaxe excelente para comezar a estudar programación, e ensina o básico achega de temas como bucles, condicionais, procedementos, etc. O usuario pode mover un obxecto chamado "tartaruga" dentro da pantalla, usando instrucións simples como "avanza", "retrocede", "xiradereita" e similares. Con cada movemento, a tartaruga deixa un "rastro" (debuxa unha liña) tras de si, e deste xeito créanse gráficos. Tamén é posible operar con palabras e listas.