Introducción e Requerimentos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción

Ésta é a descripción detallada sobre como instalar un servidor coa distribución Linux Fedora 8, que ofrece tódolos servizos que ofertan os ISP en Internet: servidor web Apache (con posibilidade SSL), servidor de correo PostFix con SMTP-AUTH e TLS, servidor DNS BIND, servidor FTP Proftpd, servidor MySQL, Dovecot POP3/IMAP, Quota, Firewall, etc.

Este tutorial é para a distribución de 32 bits do Fedora 8, pero pode aplicarse ás versións de 64 bit con pequenas modificacións.

Éste é o software que empregaremos na instalación:

  1. Web Server: Apache 2.2.6
  2. PHP 5.2.4
  3. Database Server: MySQL 5.0.45
  4. Mail Server: Postfix
  5. DNS Server: BIND9 (chrooted)
  6. FTP Server: proftpd
  7. POP3/IMAP server: Dovecot
  8. Webalizer for web site statistics

Ó final teremos un servidor que funcionará de xeito fiable.

Requerimentos

Para instalar un sistema con Fedora Linux necesitaremos o seguinte:

- Descargar a imaxe ISO do DVD de Fedora 8 dende o mirror máis preto a tua localización (a lista de mirrors pode atoparse eiquí: http://mirrors.fedoraproject.org/mirrorlists/publiclist/Fedora/8).

- Grabar a imaxe descargada nun DVD.

- Conexión a internet.