Introducción JDBC

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución JDBC

JDBC (Java Database Connectivity - Conexión con bases de datos dende Java) é unha API (Application Programming Interface - Interface de programación de aplicacións) de Java, que permite executar instruccións SQL para manipular e xestionar bases de datos relacionais.

Contén os paquetes java.sql e javax.sql, cun conxunto de clases e interfaces que permiten traballar coas bases de datos. Basicamente necesitamos as seguintes:

  1. DriverManager: Java necesita recoñecer o xestor base de datos (SQL Server, MySQL, Derby...) e saber como comunicarse con el. Para isto JDBC necesitará un driver controlador o cal será xestionado por DriverManager
  2. Connection: Permite establecer a conexión coa base de datos.
  3. Statement: Permite executar sentencias SQL sen parámetros. Ten moitos métodos, pero hai 2 interesantes:
    • executeUpdate(): Emprégase para sentencias SQL que impliquen modificacións na base de datos (INSERT, UPDATE, DELETE, etc).
    • executeQuery(). Emprégase soamente para consultas (SELECT e similares).
  4. ResultSet: Contén os resultados das consultas SQL, isto é, por exemplo contén as filas obtidas ao executar unha sentencia SELECT


--ricardofc [10/05/10]