Integrar equipos Windows no dominio Samba4

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste apartado imos ver os pasos para integrar un equipo Windows dentro dun dominio Samba4. Móstrase a configuración con un equipo cliente Windows 8, pero sería similar noutras versións de Windows.

Sincronizar a hora do sistema por NTP

Como xa fixemos no controlador do dominio, configuraremos o equipo para sincronice a hora de forma automática por NTP, xa que o mecanismo de autenticación de Kerberos só funcionará se as horas dos equipos cliente e servidor están sincronizadas.

Configurar o servidor de DNS

  • Para poder introducir o cliente no dominio, é imprescindible que teña configurado como servidor de DNS o servidor de DNS do dominio, que no noso caso é o mesmo servidor de dominio.
  • O equipo cliente Windows xa debería tomar esta configuración por DHCP, pero amósase a continuación como facer a configuración de forma manual se fose necesario.
  • Accederemos ao Panel de control -> Redes e Internet -> Centro de Redes e recursos compartidos -> Cambiar configuración del adaptador:

Introducir o equipo no dominio

Imos xa a introducir o equipo no dominio:

Iniciar sesión no equipo con un usuario do dominio

Só nos queda comprobar como podemos iniciar sesión con un usuario do dominio:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez