Instalar Java Plugin para Linux
Instalar Java Plugin para Linux
Cando se instala a plataforma Java, o arquivo de plugin(complemento ou extensión) Java está incluído como parte desa instalación pero se quere usar Java no navegador Firefox, necesita crear manualmente unha ligazón simbólica do arquivo de plugin nun dos lugares que o Firefox espera. Así:
- Para facer o plugin dispoñible para todos os usuarios, crear a ligazón dentro do Firefox é o directorio da aplicación, no subdirectorio plugins, por exemplo /usr/lib/mozilla-firefox/plugins.
- Alternativamente, pode crear unha ligazón simbólica no directorio home, en ~/.mozilla/plugins .
No resto deste documento, o texto, directorio Firefox plugins, implica un destes lugares.
O arquivo de plugin para Linux está situado en <JRE>/lib/i386/libnpjp2.so
Pode atopar a localización do mesmo executando o seguinte comando (emprégase sudo para obter permisos de root):
sudo find / -name libnpjp2.so
A saída co comando debería ser algo similar ao seguinte: /usr/lib/jvm/java-6-sun-1.6.0.20/jre/lib/i386/libnpjp2.so
Unha vez localizado o Plugin Java procédese a crear a ligazón simbólica do seguinte xeito para que o Firefox o atope:
- Saír do Firefox.
- Desinstale calquera instalación anterior do Java Plugin. Só un Plugin Java pode ser utilizado ao mesmo tempo. Cando se quere usar un plugin diferente, ou versión distinta dun plugin, haberá que eliminar as ligazóns simbólicas a outras versións e crear as novas ligazóns á versión actual.
- Crea unha ligazón simbólica para o Plugin Java libnpjp2.so no directorio Firefox Plugins:
cd /usr/lib/mozilla-firefox/plugins ln -s <JRE>/lib/i386/libnpjp2.so .
- Inicia o navegador Firefox.
Introduza about:plugins na barra de localización para confirmar que o Plugin Java foi cargado. Tamén pode facer clic no menú Ferramentas-->Complementos para confirmar que o Java Plugin está aí.
--ricardofc [04/06/10]