Instalación e configuración básica de Active Directory
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Pártese dun servidor con Windows 2003, con nome win2k3-00, contrasinal de administrador: abc123. e configuración IP como a que amosa a imaxe (IP 172.16.0.150/255.255.0.0, GW:172.16.0.1, DNS: 172.16.0.150). Para afondar sobre instalación de Windows 2003 e configuración de Active Directory, recoméndase a lectura deste material
Notar que como non se dispón doutro servidor DNS, neste equipo o cliente DNS apunta a se mesmo, e logo cando se instale o Active Directory preguntará para instalar e configurar o servidor DNS neste mesmo equipo. Notar tamén, que non se cubre o DNS Scundario, porque os servidores DNS ós que apunte calquera equipo cliente dun dominio deben conter a mesma información, e non hai un segundo servidor DNS nesta rede.
Instalación Active Directory
- Premer en Inicio->Executar, e escribir dcpromo.
- Escoller controlador de dominio par un dominio novo e par un bosque novo.
- Nome DNS do novo dominio: iescalquerawin.local
- Nome NETBIOS do dominio:IESCALQUERAWIN
- Carpetas de base de datos e rexistro, deixar as que indica por defecto.
- Volume do sistema compartido: deixar o que indica por defecto.
- Servidor DNS, como neste caso a onde apunta o cliente DNS (ó mesmo servidor) non atopa o servidor DNS, pregunta que que se fai: Instalarase o servidor DNS neste equipo e que o configura automáticamente:
- Permisos: deixar a opción por defecto: compatibles só con sistemas Windows 2000 ou 2003.
- Contrasinal de administrador do Modo de Restauración: abc123.
- E comezara instalar o Active Directory. Ter á man o CD de instalación de Windows 2003 server.
- Finalizar a instalación e reiniciar o equipo.