Instalación JDK, Eclipse, Android SDK e ADT Plugin
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Como xa se indicou nos obxectivos en escenarios vaise proceder a instalar o necesario para poder crear e executar aplicacións Android.
- En Maio do 2013 aparece un novo IDE para o desenvolvemento de aplicacións en Android denominado Android Studio. A primeira versión estable deste IDE aparece en Decembro do 2014 coa versión 1.0. No momento de escribir estes apuntes a derradeira versión estable é a 4.0.1 de outubro do 2020.
- Neste caso temos neste enlace combinacións de teclas moi útiles para o manexo do Android Studio.
- Acónséllase saltar esta parte para iniciar no seguinte apartado a instalación de Instalación Android Studio
- Existe a posibilidade de baixarse non só paquete denominado Bundle todo o necesario para desenvolver aplicacións Android: Paquete con Eclipse + ADT Plugin + Android SDK, só se precisaría instalar o JDK (Java Development Kit).
- Os enlaces para baixarse o Bundle son:
- Linux 64 bit: http://dl.google.com/android/adt/adt-bundle-linux-x86_64-20140702.zip
- Linux 32 bit: http://dl.google.com/android/adt/adt-bundle-linux-x86-20140702.zip
- MacOS X: http://dl.google.com/android/adt/adt-bundle-mac-x86_64-20140702.zip
- Win32: http://dl.google.com/android/adt/adt-bundle-windows-x86-20140702.zip
- Win64: http://dl.google.com/android/adt/adt-bundle-windows-x86_64-20140702.zip
- Tamén se poden crear aplicacións Android facendo uso do IDE NetBeans tal e como se indica no seguinte enlace: http://tarjuccino.com/tutoriales/desarrollo-movil/configuracion-del-android-sdk-en-netbeans-7/
- Nos imos a instalar cada compoñente por separada. En https://developer.android.com/tools/help/adt.html temos o necesario para comezar co proceso de instalación.
- Se xa se ten algún dos compoñentes instalado xa non será necesario volver a instalalo (por exemplo o IDE Eclipse ou o JDK).
- JDK ou JRE:?
- Para crear e executar aplicacións Android con Eclipse é suficiente con ter instalada a MV de Java (JRE), pero puidera darse o caso de que o lector tamén desexase desenvolver aplicacións Java con outros IDES ou en consola, e para iso precisa a Ferramenta de Desenvolvemento (JDK), a cal inclúe a MV de Java (JRE). Por tanto, optaremos por ter unha instalación o máis completa posible instalando o JDK.
- No caso de utilizar o Android Studio é obrigatorio o uso do JDK.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2020).