Impresión

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Ata agora usamos a instrución echo para realizar saída a pantalla, esta instrución é bastante limitada xa que non nos permite formatear a saída.

Nesta páxina veremos a instrución printf que nos dá moita máis potencia.

Sentenza echo

Mostra todos os seus parámetros pola saída definida.

echo() é unha sentenza da linguaxe de modo que non se require o uso dos parénteses. De feito, se se indica mais dun parámetro, non se poden incluír os parénteses.

Vexamos un exemplo:

<?php
echo "Ola Mundo";

echo "Este texto exténdese 
por varias liñas. Os saltos de liña 
tamén se envían";

echo "Este texto exténdese \npor varias liñas. Os saltos de liña\ntamén se envían.";

echo "Para escapar caracteres, débese indicar \"deste xeito \".";

// Pódense empregar variables dentro da sentenza echo
$saudo = "que tal";
$despedida = "ata logo";

echo "Ola, $saúdo"; // Ola, que tal

// Tamén se poden empregar arrays
$cadea = array("valor" => "saúdo dende un array");

echo "Este é un {$cadea['valor']} "; //Este é un saúdo dende un array

// Se se empregan comiñas simples, móstrase o nome da variable, non o seu valor
echo 'Ola, $saudo'; // ola, $saudo

// Se non se engade ningún carácter, tamén é posible empregar echo para mostrar o valor das variables 
echo $saudo;             // que tal
echo $saudo,$despedida;  // que talata logo

// O uso de echo con múltiples parámetros é igual que realizar unha concatenación
echo 'Esta ', 'cadea ', 'está ', 'construída ', 'con moitos parámetros.', chr(10);
echo 'Esta ' . 'cadea ' . 'está ' . 'construída ' . 'empregando concatenacion.' . "\n";

?>

Sentenza printf

Mostra o valor dunha variable ou cadea pola saída definida. Sempre devolve o valor 1.

print() non é realmente unha función (é unha sentenza) de modo que non se require o uso dos parénteses.

<?php 
   printf(cadea formato, variable1, variable2...); 
?>

A cadea de formateo indica como se han de representar as valores que posteriormente lle indicaremos. A principal vantaxe é que ademais de poder formatear os valores de saída, permítenos intercalar texto entre eles.

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php 
   printf("O numero dous con diferentes formatos: %d %f %.2f",2,2,2); 
?> 
</body> 
</html>

A cadea de formato pode incluír unha seria de carácteres especiais que indican como formatear as variables que se inclúen na instrución.

Elemento

Tipo de variable

%s

Cadea de carácteres.

%d

Número sen decimales.

%f

Número con decimales.

%c

Carácter ASCII.

Aínda que existen outros tipos, estes son os máis importantes.

Vexamos un exemplo:

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php 
   $var="texto"; 
   $num=3; 
   printf("Pode fácimente intercalar <b>%s</b> con números <b>%d</b> <br>",$var,$num); 
    
   printf("<table border=1 cellpadding=20>"); 
   for ($i=0;$i<10;$i++) 
   { 
      printf("<tr><td>%10.d</td></tr>",$i); 
   } 
   printf("</table>"); 
?> 
</body> 
</html>


--Rafael Veiga 11:14 10 feb 2009 (GMT)