HDMI

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
HDMI Type A, Type C e Type D

O HDMI ("High-Definition Multimedia Interface") é un conector utilizado para a transmisión de audio e vídeo dixital. Protección anticopia. A conexión HDMI está deseñada para que non se poidan realizar copias (permitidas ou non) do contido de son e vídeo transmitido, de acordo coas especificacións HDCP 1.10. Así, todo fabricante de equipos con HDMI debe solicitar ao consorcio un código de autorización, o que, en caso de fabricar equipos que permitiran a copia, seríalle retirado o permiso e incluído nunha "lista negra" para que, a partires dese intre os equipos HDMI de outros fabricantes non lles transmitan contido de son-vídeo.

Versións HDMI:

  • HDMI 1.0
Presentado en Decembro de 2002. A súa interface física é un cable único de conexión dixital son/vídeo con taxa de transferencia máxima de 4,9 Gbit/s. Soporte ata 165 Mpíxeles/s en modo vídeo (1080p 60Hz ou UXGA) e 8-canais/192 kHz/24-bit son.
  • HDMI 1.2
Presentado en Agosto de 2005. Engadido soporte para One Bit Audio, usado en Super Audio CD, ata 8 canais. Dispoñibilidade HDMI Tipo A para conectores de PC.
  • HDMI 1.3
Presentado o 22 de xuño de 2006 (Versión que ten a PlayStation 3). En esta versión foi incrementado o ancho de banda a 340 MHz, equivalentes a unha taxa de datos de 10,2 Gbit/s. Foi engadido soporte para Dolby TrueHD e DTS-HD, que son formatos de son de baixas perdas empregados en HD-DVD e Blu-ray Disc. Dispoñibilidade dun novo formato de miniconector para vídeo-cámaras (Type C).
As versións superiores da norma HDMI son completamente compatibles coas anteriores, aínda que de momento non se pode actualizar a versións superiores da norma HDMI, pois as actualizacións requiren tanto de modificacións hardware como de firmware.
  • HDMI 1.4
Versión HDMI de Wii U, XBOX One e PS4 (tamén a PS4 2016).
A súa interface física é un cable polo que é posible enviar vídeo e son de alta definición, ademais de datos e vídeo en 3D.
En canto á saída de son, HDMI 1.4 ofrece unha canle de retorno de son que fará necesarios menos cables para ter un sistema de son envolvente conectado ao televisor.
Outra importante novidade desta revisión da norma é que permite a posibilidade de enviar e recibir datos a través dunha conexión Ethernet incorporada no propio cable con velocidades de ata 100 Mbps, dado que actualmente existe una tendencia entre os fabricantes de televisores e equipos reprodutores de son a incorporar a conectividade a Internet como algo lóxico.
  • HDMI 2.0
Presentado o 4 de setembro de 2013, Esta versión ofrece un incremento de ancho de banda de ata 18 Gbps que soportan características claves acorde cos novos requirimentos do mercado para mellorar a experiencia dos consumidores de son e vídeo. Estas novas características inclúen:
  • 4K@50/60(2160p) de vídeo.
  • Ata 32 canais de son para unha experiencia de inmersión multidimensional.
  • Ata 1536kHz frecuencia de son para unha máxima fidelidade de son.
  • Entrega simultánea de 2 streaming de vídeo para múltiples usuarios na mesma pantalla.
  • Streaming de son de ata 4 usuarios.
  • Soporte de ángulo de teatro 21:9 de radio.
  • Sincronización dinámica de vídeo e son en streaming.
  • Extensións de comandos CEC para controlar múltiples dispositivos dende un punto único.

-- Volver