Funcións include e require

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


O uso de librerías en PHP é tremendamente útil, permítennos agrupar varias funcións e variables nun mesmo ficheiro, de maneira que logo podemos incluír esa librería en distintas páxinas e dispor desas funcións fácilmente.

Para poder facer esta tarefa empregamos as funcións include, require, include_once e require_once de PHP.


Por exemplo creamos este ficheiro chamado libreria.php co seguinte contido:

<?php 
function CabeceiraPaxina() 
{ 
   echo "<FONT SIZE=\"+1\">Esta cabeceira estará en todas as súas páxinas.</FONT><BR><hr>";
} 
    
function PePaxina() 
{ 
   echo "<hr><FONT SIZE=\"-1\">Este é o pé de páxina.</FONT><BR>Autor: Webmaster.";
} 
?>

Agora imos crear 2 páxinas que usan a librería definida anteriormente para conseguir que as dúas paginas teñan a mesma cabeceira e pé de paxina.

A instrución para incluír unha librería na nosa páxina é include("nome de librería")

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php include("libreria.php"); ?> 
<?php CabeceiraPaxina(); ?> 

Páxina 1 
<BR><BR><BR><BR><BR> 

Contido blalbl blalb alb<BR><BR> 
máis cousas...<BR><BR> 

fin<BR><BR> 

<?php PePaxina(); ?> 
</body> 
</html>
<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php include("libreria.php"); ?> 
<?php CabeceiraPaxina(); ?> 

Esta é outra páxina<BR><BR> 
completamente distinta<BR><BR> 
pero comparte o pé e a cabeceira coa outra.<BR><BR> 

<?php PePaxina(); ?> 
</body> 
</html>

--Veiga (discusión) 12:32 2 oct 2014 (CEST)