Funcións en PHP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


O uso de funcións dános a capacidade de agrupar varias instrucións baixo un só nome e poder chamalas a estas varias veces dende diferentes sitios, aforrándonos a necesidade de escribilas de novo.

<?php 
   function Nome(parametro1, parametro2...) 
   { 
      instrución1; 
      instrución2; 
      instrución3; 
      instrución4; 
   } 
?>

ATENCION: En PHP as variables globales por defecto non son accesibles dentro das funcións a non ser que especifiquemos claramente global antes da variable.

Por exemplo: global $nome; // Desde xeito poderíamos acceder á variable global $nome dentro da función.


Opcionalmente podemos pasarlle parámetros ás funcións que se tratasen como variable locais e así mesmo podemos devolver un resultado coa instrución return valor; Isto produce a terminación da función retornando un valor.

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php 
    
   function media_aritmetica($a, $b) 
   { 
      $media=($a+$b)/2; 
      return $media; 
   } 
    
   echo media_aritmetica(4,6),"<br>"; 
   echo media_aritmetica(3242,524543),"<br>"; 
    
?> 
</body> 
</html>


Procedementos

Cando unha función non devolve ningún valor, entón considérase un procedemento. Os procedementos empréganse para agrupar un grupo de tarefas que necesitamos chamar varias veces ó longo da nosa aplicación.

Máis información sobre funcións: http://php.net/manual/es/language.functions.php