FCFS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

FCFS (First Come First Served)

Este algoritmo tamén chamado FIFO (First Input First Output) ou PEPS (Primeiro en Entrar Primeiro en Sair) respecta a quenda de chegada sendo igual a orde de procura.

Imos ver un exemplo para explicar como traballa o algoritmo FCFS:

  • Supoñemos a situación seguinte: Un disco de cabezal móbil con 200 cilindros, numerados de 0 a 199 onde,
  • Posición Cabezal: 53
  • Cola: 95, 175, 32, 117, 15, 131, 47, 56

FCFS.png

Como podemos ver na imaxe determinamos que o movemento total do cabezal para satisfacer as solicitudes da cola toma o valor de 661 cilindros. Isto calcúlase sumando o desprazamento do cabezal entre as solicitudes executadas. Así,

  • De 53 a 95 prodúcese un movemento de 42 cilindros.
  • De 95 a 175 prodúcese un movemento de 80 cilindros.
  • De 175 a 32 prodúcese un movemento de 143 cilindros.
  • De 32 a 117 prodúcese un movemento de 85 cilindros.
  • De 117 a 15 prodúcese un movemento de 102 cilindros.
  • De 15 a 131 prodúcese un movemento de 116 cilindros.
  • De 131 a 47 prodúcese un movemento de 84 cilindros.
  • De 47 a 56 prodúcese un movemento de 9 cilindros.

Co cal sumando os movementos parciais do cabezal calculamos o movemento total do cabezal:

Movemento total do cabezal=42+80+143+85+102+116+84+9=661cilindros.


Como podemos ver na imaxe este algoritmo presenta un percorrido total elevado (no exemplo temos que os movementos totais do cabezal toman o valor de 661 cilindros) e movementos bruscos, mais ten unha implementación simple.


--ricardofc 14 nov 2008