Escenario 3.F: Teleporting
- O teleporting é unha funcionalidade de VirtualBox que permite migrar en quente (é dicir, sen ter que apagar a máquina) a execución dunha máquina virtual de un host a outro.
- Aínda que é unha funcionalidade xa incorporada na versión 3.1 de VirtualBox, leva tempo sen funcionar a partir da versión 4 de VirtualBox, pero o erro que impedía a súa execución foi resolto na versión 4.2.18 (Ver a documentación do bug en https://www.virtualbox.org/ticket/9455).
- Imos facer unha proba desta funcionalidade, e para ilustrar máis o proceso usando un host sobre un S.O. anfitrión Windows e outro Linux.
- En primeiro lugar teremos que crear as máquinas virtuais coa configuración necesaria para a execución do teleporting e logo seguiremos os pasos requiridos para o proceso.
- Como o lector se pode imaxinar, a migración da execución en quente dunha MV é un proceso complexo e son necesarias unha serie de condicións para o seu funcionamento:
- As MVs que se definan nos dous host para facer a migración deben ter as mesmas características (cantidade de RAM, número de tarxetas de rede, etc.)
- As MVs deben compartir os mesmos dispositivos de almacenamento, así que os discos que utilicen deberán estar conectados por iSCSI ou por CIFS ou NFS nunha unidade de rede accesible dende os dous hosts.
- A migración tamén pode fallar se as CPUs dos dous hosts son moi diferentes.
Configuración das máquinas virtuais para simular o escenario
Imos ver primeiro como debemos definir as máquinas para poder teleportalas:
Vista da máquina orixinal xa lista, co disco por iSCSI e a tarxeta de rede en modo ponte. Iniciámola e seguimos os pasos vistos na Instalación de Debian para instalar o sistema operativo.
Pasos para facer o teleporting
Os pasos para facer a migración son os seguintes:
Con VBoxManage modifyvm "dserver2-iscsi" --teleporter on --teleporterport 6000 --teleporterpassword abc123. preparamos a MV dserver2-iscsi para que sexa receptora dunha máquina que vai ser teletransportada sobre ela. Fixarse que co parámetro --teleporterpassword podemos introducir un contrasinal que permitirá autenticar a máquina que se queira teletransportar. Iniciamos a máquina normalmente...
No host de orixe iniciamos o teleporting co comando: VBoxManage controlvm "dserver-iscsi" teleport --host 10.0.0.2 --port 6000 --password abc123.. Ao comando indicámoslle a MV a teleportar, a que host queremos transportala e o contrasinal necesario para poder facelo (debe coincidir co que indicamos no host Ubuntu).