Escenario 1.C - Instalación e configuración do servizo DHCP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Nesta sección configurarase dserver00 como servidor de DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) e uclient02 como cliente que obterá sempre a mesma IP do servidor en función da seu enderezo MAC.


  • A seguinte imaxe amosa o escenario a implantar.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 C.jpg

  • O rango de IPs que vai asignar o servizo DHCP é 172.16.5.100 - 172.16.5.119 (20 IPs).
  • O resto da configuración IP que ofrecerá o servidor aos clientes son:
    • Porta de enlace: 172.16.5.1
    • Servidor DNS: 172.16.5.10
    • Dominio de busca: iescalquera.local


Introdución ao servizo DHCP

  • O servizo DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol), permite que os clientes dunha rede obteñan de forma automática a súa configuración IP, como mínimo dirección IP e máscara. Deste xeito evítase realizar a configuración IP de cada cliente de forma manual.


  • O servizo DHCP basicamente permite configurar un servidor para que os clientes poidan obter automaticamente:
    • Enderezo IP
    • Máscara de subrede
    • Porta/s de enlace (Opcional)
    • IP/s do/s servidor/es DNS (Opcional)
    • Dominios de busca (Opcional)
    • Nome de equipo (Opcional e precísase coñecer a súa MAC)


  • Deste xeito, a configuración dos clientes é moi sinxela, pois non se precisa realizar unha configuración IP dun xeito manual.


  • Para iso no servidor precísase configurar, en esencia:
    • O rango de IPs que van asignar aos clientes que soliciten IPs.
    • Cal é o router/s ou porta/s de enlace que se lle van indicar ao cliente que debe usar para saír ao exterior.
    • Cal é o servidor/es de DNS que debe usar o cliente para poder resolver os nomes de dominio.


  • No cliente simplemente se debe indicar que a súa configuración IP debe ser obtida de xeito automático, co cal o que fai é enviar unha pregunta á rede preguntando se alguén lle pode dar unha configuración IP. O servidor DHCP ante esa consulta manda ao cliente unha configuración IP e rexistra a quen lle asignou esa configuración
  • O servidor leva control das IPs asignadas e de se pasou ou non o tempo de concesión sen que o cliente solicitara unha renovación para ver se esa IP está libre de novo.
  • A seguinte imaxe amosa distintos escenarios de configuración IP.

Simulacion Redes dhcp teo 130.jpg

  • Observar na imaxe da esquerda a existencia dun ámbito: que é un agrupamento para administrar distintos rangos de enderezos IP e distintas características de cada un.


  • A imaxe amosa cal é o proceso polo cal un cliente solicita unha configuración IP até que algún servidor lle ofrece unha.

Simulacion Redes dhcp teo 131.jpg

Resumindo: os parámetros que se soen configurar nun servidor ou nun ámbito DHCP para ofrecer aos clientes son:

  • IP e máscara: é o mínimo que debe ter un cliente para poder comunicarse cando menos cos demais equipos da LAN.
  • Porta de enlace.
  • Servidor DNS primario (e se hai secundario, tamén).
  • Sufixo DNS ou dominios de busca.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...

Introdución ao xestor de servizos systemd

Ao igual que se indicou no servizo de DNS:


  • No material usaránse as 2 formas de manexar os servizos:
    • As capturas de pantallas que proceden de versións anteriores de Debian usan: service.
    • Aquelas capturas de pantalla que houbo que actualizar usan: systemctl

Instalación e configuración do servidor DHCP

  • Para facilitar a configuración do servidor dserver00 imos conectarnos por ssh/putty dende o equipo real a ese servidor, así poderemos copiar/pegar contidos da web máis facilmente ou copiar configuracións do mesmo servidor ao exterior máis facilmente.
    • As pantallas con fondo branco son configuracións no servidor.
    • As pantallas con fondo negro son configuracións no cliente.

Configuración do cliente: uclient02

  • Imos crear unha nova MV (uclient02) a partir da OVA ubase.
  • Logo veremos a súa configuración IP.

Crear a MV uclient02


Configuración IP do cliente

  • Nada máis acender o equipo uclient02, este xa ten configuración IP asignada por dserver00.
  • Imos ver por que.

Reserva de IPs

  • Un aspecto interesante é que se coñecemos a MAC dun equipo podemos configurar o servizo DHCP para sempre que ese equipo solicite unha configuración IP lle asigne a mesma IP.
  • Esa configuración coñécese co nome de reserva de IPs.

Configuración das reservas IP no servidor DHCP

Configuración do uclient02

Dl 2014 dhcp 24.jpeg

  • Con dhclient interface renovamos a concesión IP no cliente DHCP. Neste caso usamos o parámetro "-v" para ver o proceso que realiza o comando. Observar que ao ter unha reserva obtén a nova IP, 172.16.5.121.

Asignar nome equipo ao cliente

  • Unha das cousas que se pode realizar é que o equipo cliente configure o seu nome en función do que lle asigne o servidor DHCP.
  • Por agora a MV uclient02 chámase ubase.

Configuración no servidor DHCP do nome do cliente.

Configuración no cliente para configurar o seu nome de equipo

#!/bin/sh

### Script para configurar o nome do equipo
### a partir dos datos enviados polo servidor DHCP


case """"""""$2"""""""" in

        up|dhcp4-change)
                # Non facemos nada se o servidor
                # non nos deu a variable adecuada
                if [ -z """"""""$DHCP4_HOST_NAME"""""""" ]
                then
                        exit 0
                else
                        hostname $DHCP4_HOST_NAME
                        echo $DHCP4_HOST_NAME > /etc/hostname
                fi
        ;;
esac

Instantáneas do escenario 1.C

  • Ao igual que se fixo no escenario 1.A e 1.B imos crear unha instantánea no servidor dserver00 e no cliente uclient02.

Dl 2014 dhcp 38.jpeg

  • A imaxe amosa a instantánea en uclient02, realizar o mesmo en dserver00. Nunca se sabe se precisaremos volver atrás.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --