Envío e recepción de datos
A linguaxe PHP proporciónanos un xeito sinxelo de manexar formularios, permitíndonos deste xeito procesar a información que o usuario introduciu.
Ao deseñar un formulario debemos indicar a páxina PHP que procesará o formulario, así como en método polo que se lle pasará a información á páxina.
--- formulario.html --- <html> <head> <title>Exemplo de PHP</title> </head> <body> <H1>Exemplo de procesado de formularios</H1> Introduza o seu nome: <FORM ACTION="procesa.php" METHOD="GET"> <INPUT TYPE="text" NAME="nome"><BR> <INPUT TYPE="submit" VALUE="Enviar"> </FORM> </body> </html>
Ao pulsar o botón Enviar o contido de cadro de texto é enviado á páxina que indicamos no atributo ACTION da etiqueta FORM.
PHP dispón dunha serie de variables predefinidas de tal forma que cando a páxina PHP recibe os datos do formulario automaticamente crea unha variable por cada elemento do FORM, esta variable creada ten o mesmo nome que o cadro de texto da páxina anterior e o valor que introduzamos. Neste exemplo creouse unha variable chamada $nome co valor que introduza o navegante.
IMPORTANTE: A partir da versión de PHP 4.2.0 a opción register_globals está a off de tal xeito que as variables predefinidas xa non están dispoñibles, pero si que están dispoñibles as matrices PHP predefinidas. Polo tanto teremos que usar $_GET['variable'] para acceder ó contido da variable que nos chega polo método GET, ou ben $_POST['variable'] si estamos accedendo a unha variable que nos chega polo método POST.
--- procesa.php ---
<html>
<head>
<title>Exemplo de PHP</title>
</head>
<body>
<H1>Exemplo de procesado de formularios</H1>
O nome que introduciu é: <?php echo $_GET['nome']; ?>
<br>
</body>
</html>
--Rafael Veiga 11:15 10 feb 2009 (GMT)