Engadir un equipo cliente ao dominio
Como engadir un equipo cliente no dominio
Para engadir un equipo cliente (con Windows) no dominio samba seguiremos os mesmos pasos que debemos seguir para engadir o equipo a un dominio Windows:
- Iniciamos sesión no equipo cliente con un usuario administrador.
- Accedemos á ventá de Sistema do Panel de control (Tamén podemos picar co botón dereito sobre Mi PC ou Equipo e seleccionar Propiedades).
- Picamos na opción para cambiar o dominio ao que pertence o equipo e poñemos o nome do noso dominio (ollo, o nome de NetBIOS, o mesmo que puxemos no parámetro WORKGROUP no ficheiro de configuración do servidor samba, sen ter en conta as maiúsculas e minúsculas).
- Pedirásenos un usuario e un contrasinal, e introduciremos root e o contrasinal samba do usuario root.
- Engadir un equipo no dominio
-
Introducir un equipo Windows XP no dominio
-
Introducir un equipo Windows Vista no dominio

A versión do servidor samba debe ser 3.3.7 ou superior (nós temos a 3.4.0) e hai que meter dous valores no rexistro de Windows antes de meter o equipo no dominio:
[HKEY_LOCAL_MACHINE\SYSTEM\CurrentControlSet\services\LanmanWorkstation\Parameters]
"DomainCompatibilityMode"=dword:00000001
"DNSNameResolutionRequired"=dword:00000000
Cando metamos o equipo no dominio obteremos o erro que se mostra na imaxe, pero funciona correctamente.
O proceso está documentado na web de samba en http://wiki.samba.org/index.php/Windows7
Podemos comprobar que no servidor LDAP creouse automaticamente a conta de máquina para o equipo:
Utilizar un usuario distinto de root para engadir equipos no dominio
O usuario root non é o único que podemos utilizar para introducir equipos cliente dentro do dominio. De feito, calquera usuario samba poderá facelo se está incluído nos grupos Administrators e Domain Admins, como por exemplo, este usuario creado co webmin:
Iniciar sesión no equipo cliente con un usuario do dominio
Unha vez introducido o equipo no dominio, poderemos iniciar sesión con calquera usuario que teña conta de samba:
- Iniciar sesión no dominio
-
Inicio de sesión no dominio nun equipo Windows XP. Na lista de Conectarse a: debemos seleccionar o dominio.
-
Inicio de sesión no dominio nun equipo Windows Vista. Por defecto xa entende que o usuario é do dominio, xa que para iniciar sesión con un usuario local haberá que poñer diante do nome do usuario NomeDoEquipo\
-
Inicio de sesión no dominio nun equipo Windows 7. A pantalla de inicio de sesión é idéntica á de Windows Vista
Como temos configurado o servidor samba para que os usuarios teñan a súa carpeta persoal e perfil en carpetas compartidas no servidor, pero estas carpetas aínda non están compartidas, no inicio de sesión veremos erros como este: