División das memorias polas súas características
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Atendendo ás súas características podemos dividir as memorias do seguinte xeito:
1. Volatilidade da información
- A memoria de tipo volátil require que se lle subministre constantemente enerxía para manter a información almacenada. A memoria volátil máis coñecida é a memoria principal ou primaria.
- A memoria non volátil retén a información almacenada aínda que non reciba corrente constantemente. Este tipo de memoria úsase para gardar configuracións ou pequenos programas que se precise que non se perdan aínda que non exista alimentación eléctrica. A memoria non volátil máis coñecida é a BIOS.
- Memoria dinámica é unha memoria volátil que, ademais, require que periodicamente se refresque a información almacenada. O tempo de refresco depende da tecnoloxía da que estea feita a memoria.
2. Habilidade para acceder á información non contigua
- Acceso aleatorio significa que se pode acceder a calquera localización da memoria en calquera momento no mesmo intervalo de tempo. As memorias son de acceso aleatorio (Memoria RAM).
- Acceso secuencial significa que acceder a unha unidade de información tomará un intervalo de tempo variable, dependendo da unidade de información que foi lida anteriormente. O dispositivo de almacenamento pode precisar colocar o cabezal de lectura/escritura antes de proceder. Os dispositivos de almacenamento masivo (en xeral) son de acceso secuencial (discos duros, cintas magnéticas, dispositivos de almacenamento óptico).
3. Habilidade para cambiar a información
- As memorias de lectura/escritura permiten que a información se reescriba en calquera momento. A memoria principal ou primaria (ver Modelo de Von Neumann) dos equipos é deste tipo. Así e todo, as computadora modernas tamén usan habitualmente memorias de lectura/escritura como memoria secundaria (RAM).
- As memorias de só lectura reteñen a información almacenada no momento de fabricarse ou, simplemente, que a información se escriba só unha vez nalgún intre tras a súa fabricación (ROM, PROM).
-- Volver