Deseño e Monitorización de Sistemas e Redes

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

Algunha das seguintes situacións frustran a diario aos técnicos de sistemas:

  • Síntese absolutamente abrumado coas tarefas minuciosas na xestión diaria dos activos TI da túa rede?
  • Non deixa de malgastar tempo en procesos manuais que sabe que son facilmente automatizables?
  • Os seus usuarios pensan que os PCs son da súa propiedade e non deixan de complicarlle o seu traballo coas súas accións insconcientes?
  • Non estudiou informática para dedicarte a contar PCs?
  • A súa rede pasou de ter 100 usuarios a 400 usuarios en pouco tempo o que o leva a traballar un montón de horas extra?
  • Sen contratar personal adicional parécelle imposible manter a rede controlada?
  • Dirección lle solicita informes que lle llevan horas de preparación, das cales non dispón?
  • Gostaríalle poder demostrar a xerencia o valor do seu traballo para ganar a súa confianza e así autoricen as súas peticións?
  • Fálase continuamente de falla de presupesto pero intúese que se malgasta innecesariamente en PCs mais potentes e licencias de software?
  • Resúltalle difícil responsabilizarse do despliegue dunha actualización de software cando non ten visibilidade clara da rede?
  • Cústalle manterse motivado e concentrado cando se adica a tarefas que non o deixan crecer profesionalmente?

Deseño

Cálculo de custes

GLPI - Xestión Libre de Parques Informáticos

GLPI (Xestión Libre de Parques Informáticos) é un administrador de recursos informáticos (hardware e software) cunha interface web para a súa administración. Facendo uso da ferramenta é posible inventariar o parque informático dunha empresa (PCs, impresoras, escáners, software, etc).

GLPI dispón de funcións que facilitan o traballo dos administradores así como un sistema de seguimento de traballo con correos de notificación, ademais de poder establecer a topoloxía da rede.

GLPI pódese instalar en servidores que soporten as tecnoloxías Apache, MySQL e PHP (AMP).

Total Cost of Ownership (TCO)

TCO, en inglés Total Cost of Ownership, é un método para describir todos os custes asociados a unha infraestrutura. A pesar de ser un termo que xa apareceu na década dos 80, aínda non existe un método estándar para comparar dous TCO. Neste senso, a ferramenta TCO-Tool pode axudar. Trátase dunha ferramenta de software libre.

Monitorización

Pandora

Pandora FMS (FMS viene de Flexible Monitoring System) é unha aplicación de monitorización para vixiar todo tipo de sistemas e aplicacións. Pandora FMS permite coñecer o estado de calquera elemento dos seus sistemas de negocio. Pandora FMS vixía o seu hardware, o seu software, as súas aplicacións e por suposto, o seu Sistema Operativo. Pandora FMS é capaz de detectar unha interface de rede que se caeu, así como o movemento de calquera valor do IBEX. Se é preciso Pandora FMS puede enviar unha mensaxe SMS cando falle calquera sistema ou aplicación.

Inventariado Hardware e Software

OCS Inventory NG

Open Computer and Software Inventory Next Generation (OCS) é un software libre que permite aos usuarios administrar o inventario dos seus activos de TI. OCS-NG recopila información sobre o hardware e software de equipos que hai na rede que executan o programa de cliente OCS ("axente OCS de inventario").

OCS pode utilizarse para visualizar o inventario a través dunha interfaz web. Ademais, OCS comprende a posibilidade de implementación de aplicacións nos equipos de acordo a criterios de busca. Ademais, ten moitas opcións mais como escanear a rede por medio de IPDiscovery, ou instalar aplicacións remotamente creando Builds.

O uso desta ferramenta pódese unir o de GLPI creando un paquete de xestión dos recursos de TI moito máis potente.

Existen versións para Windows e para GNU/Linux que podemos atopar na Web do Proxecto OCS Inventory.

Fagamos agora unha práctica na que instalamos e configuramos o OCS Inventory nun Ubuntu Server 11.10, para logo agregar como clientes un equipo con Windows 7 instalado y outro con Ubuntu Desktop.

  • Vexamos a instalación do servidor:
1.- Ter preparada unha máquina de Ubuntu Server 11.10:
- Rede: IP-OCS/MS-OCS
- Actualizar o Ubuntu Server.
- Instalar o OpenSSH-Server.
2.- Instalación do servidor e do cliente MySQL:
apt-get install mysql-client mysql-server
# contrasinal de mysql para root: abc123..
3.- Instalación de OCS Inventory Server:
apt-get install ocsinventory-server
# elexir dbconfig-common: contrasinal para bbdd ocs: abc123..
4.- Dende o sistema operativo anfitrión acceder á web de administración do OCS Inventory:
http://IP-OCS/ocsreports mediante o usuario admin e contrasinal admin.
Dende o navegador nos sairá a seguinte web (fixádevos que está, nun principio en francés, pero non pasa nada, logo podemos cambiar de idioma):
OCS-Install01.jpg
Logo debemos completar o formulario do seguinte xeito:
- Login MySQL: root
- Mot de passe MySQL: abc123..
- Nom de la base ...: ocsweb
- MySQL HostName: localhost
Así configuramos o enlace da aplicación coa base de datos MySQL que se crea automáticamente polo script de instalación.
Na seguinte páxina xa podemos cambiar de idioma.
  • Vexamos a instalación nun Cliente Windows 7
1.- Configuración Windows 7:
· Descargamos o cliente OCS para Windows:
http://www.ocsinventory-ng.org/en/download/download-agent.html
NOTA: Para que funcione, a versión do axente non pode ser superior á versión que está instalada do servidor.
· Instalamos o Cliente OCS chamando ao server como:
http://10.22.200.xx/ocsinventory
· Todo o demais por defecto.
Ao lado do reloxo aparece unha icona do OCS --> Botón dereito --> Run OCS Inventory NG Agent now.
Así vemos que xa está arrancado.
2.- Comprobar que o equipo foi inventariado premendo na imaxe da esquerda "Todas as computadoras".
OCS 01.png
3.- O ficheiro onde se garda a configuración do axente de OCS Inventory para Windows é C:\ProgramData\OCS Inventory NG\Agent\ocsinventory.ini.
  • Vexamos a instalación nun Cliente Ubuntu Desktop
1.- Instalar OCS Inventory Agent en Ubuntu 11.10:
sudo apt-get install ocsinventory-agent
Na instalación solicítase o tipo de configuración, que poñeremos como HTTP, e, despois solicita a dirección do Servidor OCS, no que poñeremos a IP do noso servidor.
2.- Para facer que a máquina mande o inventario ao servidor debemos executar:
sudo ocsinventory-agent
Para que este se execute cada vez que se arranque a máquina podemos poñelo en /etc/rc.local
#!/bin/sh -e
#
# rc.local
#
# This script is executed at the end of each multiuser runlevel.
# Make sure that the script will "exit 0" on success or any other
# value on error.
#
# In order to enable or disable this script just change the execution
# bits.
#
# By default this script does nothing.

ocsinventory-agent

exit 0
3.- Comprobar que o equipo foi inventariado premendo na imaxe da esquerda "Todos os computadores".
Na seguinte imaxe vemos que, tal como entramos, vemos que agora hai dous equipos inventariados:
OCS 02.png
Pulsando no botón "Todas as computadoras" da esquerda vemos en detalle os dous equipos inventariados:
OCS 03.png
4.- O ficheiro onde se garda a configuración do axente de OCS Inventory para Linux é /etc/ocsinventory/ocsinventory-agent.cfg.