DRBL + Clonezilla en USB

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Clonezilla é un software libre de recuperación ante desastres, sirve para a clonación de discos e particións. Clonezilla está diseñado por Steven Shaiu e desenrolado polo NCHC Labs de Taiwán. Clonezilla ofrece soporte multicast similar a Norton Ghost Corporate Edition.
A versión DRBL+Clonezilla permítenos facer dous tipos de operación: facer unha imaxe ou restaurar un equipo individual, empregando o Clonezilla live, ou restaurar moitos equipos dunha soa vez empregando o Clonezilla Server.
Clonezilla fai a imaxe e restaura só bloques usados no disco. Isto incrementa a eficiencia no clonado.
Enlaces:

Características

  • Licencia GPL.
  • Sistemas de arquivos soportados:
- ext2, ext3, ext4, reiserfs, reiser4, xfs, jfs of GNU/Linux
- FAT, NTFS de MS Windows
- HFS+ de Mac OS
- UFS de FreeBSD, NetBSD e OpenBSD
- VMFS de VMWare ESX
- Para sistemas de arquivos non soportados Clonezilla copia empregando o comando dd.
  • Soporta Grub (versión 1 e versión 2).
  • Soporte para modo desatendido.
  • Clonezilla Server soporta Multicast, que permite unha clonación masiva.
  • O arquivo imaxe pode estar nunha unidade local, nun servidor ssh, nun servidor samba ou nun servidor NFS.

Creación USB

Dende sistema operativo Windows

Para a creación do USB có que faremos a imaxe e logo restauraremos esa imaxe nun só equipo ou en moitos á vez, seguiremos os seguintes pasos:

  1. Descargaremos a versión zip do DRBL+Clonezilla. Podes baixalo no seguinte enlace, aí tes varias versións, intenta baixar a estable a non ser que non te vaia para o que estás facendo e intentes empregar a testing.
  2. Faite cun USB de 1GB ou superior e formatea este no sistema de arquivos FAT32. Se non consigues formatealo coa ferramenta de Windows, podes facelo có software HP USB Format Toll.
  3. Descomprime todo o contido do arquivo zip no pen drive previamente formateado en FAT 32. Fíxate que se descomprima o arquivo directamente na raíz do pen drive (e.g. G:\COPYING). Para que a descompresión sexa mais rápida, fai esta no escritorio do teu equipo e logo copia todo o descomprimido no interior do USB, é dicir, non fagas a descompresión directamente no USB.
  4. Busca no interior do USB o arquivo makeboot.bat que se atopa no directorio utils\win32\. Fíxate ben de executar o arquivo que se atope no interior do pen drive e non no escritorio ou así, pois podems modificar o arranque do noso equipo.
  5. Segue as instrucións que aparecen na pantalla.
* Manual de clonezilla.org

Dende sistema operativo Linux

Inicio dende o USB nun equipo

Para facer unha imaxe dun equipo, para restaurarlle a ese equipo unha imaxe ou para restaurar moitos por rede, debemos iniciar un PC dende o USB realizado no apartado anterior.

Para poder arrancar debemos modificar a secuencia de arranque do equipo escollendo o USB como first boot device. Pode ocorrer que moitos equipos antigos non permitan o arranque dende USB, nese caso teremos que empregar un CD para traballar có Clonezilla. Para conseguir ese CD temos que descargar o arquivo .iso da web de descargas e queimalo nun CD virxe.