Curso POO PHP Xestión de erros

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Xestión de erros

PHP define unha clasificación dos erros que se poden producir na execución dun programa e ofrece métodos para axustar o tratamento destes. Para facer referencia a cada un dos niveis de erro, PHP define unha serie de constantes. Cada nivel identifícase por unha constante. Por exemplo, a constante E_NOTICE fai referencia a avisos que poden indicar un erro ao executar o guión, e a constante E_ERROR engloba erros fatais que provocan que se interrompa forzosamente a execución.

A configuración inicial de como se vai tratar cada erro segundo o seu nivel realízase en php.ini o ficheiro de configuración de PHP. Entre os principais parámetros que podes axustar están:

  • error_reporting. Indica que tipos de erros se notificarán. O seu valor fórmase utilizando os operadores a nivel de bit para combinar as constantes anteriores. Por exemplo, o valor "E_ALL & ~E_NOTICE" indica que se notifiquen todos os erros (E_ALL) salvo os avisos en tempo de execución (E_NOTICE). Cando non se pasan parámetros, devolve o nivel de notificación actual.
  • display_errors. No seu valor por defecto (1), fai que as mensaxes se envíen á saída estándar (e polo tanto móstrense no navegador). Débese desactivar (0) nos servidores que non se usan para desenvolvemento senón para produción.

Dende código, podes usar a función error_reporting coas constantes anteriores para establecer o nivel de notificación nun momento determinado. Por exemplo, se nalgún lugar do teu código figura unha división na que exista a posibilidade de que o divisor sexa cero, cando isto aconteza obterás unha mensaxe de erro. Para evitalo, podes desactivar a notificación de erros de nivel E_WARNING antes da división e restaurala ao seu valor normal a continuación:

nivel_erros = error_reporting();
error_reporting = (nivel_erros & ~E_WARNING);
$resultado = $dividendo / $divisor;
// Recuperamos o nivel anterior
error_reporting(nivel_erros);

Aínda que en moitos casos é máis sinxelo empregar o operador de supresión de erros @:

@$resultado = $dividendo / $divisor;

Para poder rexistrar a un arquivo de texto os erros que se produzan en un sitio web en producción, debemos asegurarnos de ter activa en php.ini a directiva log_errors e indicar empregando error_log o ficheiro a empregar como rexistro.

log_errors = On
error_log = "\xampp\php\logs\php_error_log"

Manexador de erros a medida

Para obter máis control sobre os erros que se poidan producir, existe tamén a posibilidade de substituír a xestión destes pola que ti definas. É dicir, podes programar unha función para que sexa a que executa PHP cada vez que se produce un erro. O nome desa función indícase utilizando set_error_handler e debe ter como mínimo dous parámetros obrigatorios (o nivel do erro e a mensaxe descritiva) e ata outros tres opcionais con información adicional sobre o erro (o nome do ficheiro en que se produce, o número de liña, e o estado das variables nese momento).

set_error_handler("meuXestorDeErros");
$resultado = $dividendo / $divisor;
restore_error_handler();

function meuXestorDeErros($nivel, $mensaxe)
{
    switch($nivel) {
        case E_WARNING:
            echo "Erro de tipo WARNING: $mensaxe.<br />";
            break;
        default:
            echo "Erro de tipo non especificado: $mensaxe.<br />";                
    }
}

A función restore_error_handler restaura o manexador de erros orixinal de PHP (máis concretamente, o que se estaba a usar antes da chamada a set_error_handler).


--Víctor Lourido 19:58 13 jul 2013 (CEST)