Curso POO PHP Configuración de PHP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Configuración de PHP

A configuración tanto do servidor web Apache, coma de PHP, realízase por medio de ficheiros de configuración. O de Apache é httpd.conf, e o principal ficheiro de configuración de PHP é php.ini. Este ficheiro, php.ini, pode encontrarse en distintas ubicacións.

Ficheiro php.ini

A función phpinfo() informa, entre outras moitas cousas, do lugar en que se encontra almacenado o ficheiro php.ini.

Resultado de executar a función phpinfo()

Algunhas das directivas máis utilizadas que figuran no ficheiro php.ini son:

  • short_open_tag. Indica se se poden utilizar en PHP os delimitadores curtos <? y ?>. É preferible non os usar, pois pode causarnos problemas en páxinas XML. Para prohibir a utilización destes delimitadores con PHP asignámoslle a esta directiva o valor Off.
  • max_execution_time. Permite que poidas axustar o número máximo de segundos que poderá durar a execución dun script PHP. Evita que o servidor se bloquee se se produce algún erro nun script.
  • error_reporting. Indica que tipo de erros se mostrarán no caso de que se produzan. Por exemplo, se fas error_reporting = E_ALL, mostrarache todos os tipos de erros. Se non queres que che mostre os avisos pero si outros tipos de erros, podes facer error_reporting = E_ALL & ~E_NOTICE.
  • file_uploads. Indica se se poden ou non subir ficheiros ao servidor por HTTP.
  • upload_max_filesize. En caso de que se poidan subir ficheiros por HTTP, podes indicar o límite máximo permitido para o tamaño de cada arquivo. Por exemplo, upload_max_filesize =1 M.

A lista completa de directas pódela atopar na documentación de PHP.

Ficheiros .user.ini

Dende a versión 5.3 de PHP, engadiuse tamén soporte a ficheiros de configuración .user.ini, similares aos .htaccess de Apache. Estes ficheiros soportan algunhas das directivas da lista anterior e aplícanse á execución dos scripts presentes no mesmo directorio da directiva e nos seus subdirectorios. De xeito semllante a Apache, PHP percorre os directorios dende a raiz ata o do script buscando ficheiros .user.ini e aplicando as súas directivas.

Existen dúas directivas que controlan o comportamento de PHP con respecto aos ficheiros .user.ini:

  • user_ini.filename. Indica o nome do ficheiro de configuración, .user.ini por defecto.
  • user_ini.cache_ttl. Indica cada cánto tempo debe buscar PHP cambios nos ficheiros .user.ini. O valor por defecto é de 5 minutos.

Función ini_set

Certas directivas poden modificarse tamén en tempo de execución no mesmo script PHP, empregando a función ini_set. Con ini_get é posible, de forma semellante, obter o valor dunha directiva, e con ini_restore devolvela ao seu valor orixinal.

ini_set('max_execution_time', '60');

Outros xeitos

Cando se executa PHP como módulo de Apache, pódense facer tamén cambios nas directivas de PHP dende os ficheiros de configuración de Apache, dende httpd.conf e tamén nalgúns casos dende os ficheiros .htaccess. Isto acádase empregando as directivas de Apache php_value, php_flag, php_admin_value e php_admin_flag.

Outro procedemento máis para cambiar os valores das directivas de PHP é empregando o rexistro en sistemas Windows.


--Víctor Lourido 14:40 25 jun 2013 (CEST)