Creando elementos DOM

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Os autores de jQuery co emprego de $() ( alias de jQuery() ) conseguiron facer unha función o suficientemente flexible para realizar moitas das tarefas que vimos ata agora.

Pero imos a explicar unha nova función de $(), que é a creación de novos obxetos DOM en execución. Para elo simplemente teremos que pasarlle á función o código html para os novos elementos.

Exemplo:

$("<p>Hola a todos!</p>")

Vexamos un exemplo máis completo:

<html>
  <head>
    <title>Saudos a todos!</title>
    <script type="text/javascript" src="../scripts/jquery-1.2.js">
    </script>
    <script type="text/javascript">
      $(function(){                  
        $("<p>Hola a todos!</p>").insertAfter("#seguinte");
      });
    </script>
  </head>
  <body>
    <p id="seguinte">E Benvidos ó curso!</p>   
  </body>
</html>

No exemplo anterior vemos que a función creará un novo párrafo xusto despois do obxecto con ID seguinte, neste caso do párrafo con ID seguinte.