Creación e configuración de cursos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Saber como crear cursos na plataforma moodle é fundamental para administrala. Estes cursos estarán divididos en categorías, o que nos permitirá telos ben ordenados por, por exemplo, ciclos, cursos,... Cada un dos cursos, no noso caso, pode ser un módulo, un "curso" FCT, un "grupo de traballo"....

Creación da categoría do curso

Os cursos agrúpanse por "categorías", así que, primeiramente, debemos crear a categoría a que vai pertencer o curso, ou cursos, en cuestión.

Para crear unha categoría hai que autenticarse como o administrador do sitio e logo acceder ó apartado Cursos do menú Administración do sitio que aparecerá na páxina principal do Moodle.

Cursos1.jpg

Logo hai que premer en Agregar/editar cursos e aparecerá a lista de todas as categorías creadas, ademais de dous botóns para Agregar unha nova categoría ou Agregar un novo curso nunha categoría xa existente.

Cursos2.jpg

Se facemos click no botón Agregar nova categoría"' accederemos a unha páxina que nos permitirá creala:

Cursos3.jpg

Unha vez creada prememos no botón Gardar cambios, que nos levará á páxina onde poderemos volver a escoller agregar unha nova categoría ou un novo curso.

Agregar novo curso

Se prememos en Agregar novo curso, podemos ver na seguinte imaxe un exemplo de creación dun curso na categoría antes creada:

Cursos4.jpg

Neste intre poderemos configurar os seguintes puntos de configuración do novo curso:

  • Categoría: Aquí seleccionamos a Categoría á que queremos agregar o novo curso creado.
  • Nome completo: O nome completo do curso.
  • Nome curto: Nome curto que se empregará para, por exemplo, enlaces.
  • Número ID do curso: Para cada curso créase automaticamente un directorio na carpeta moodledata, nese directorio gárdanse todos os arquivos e as copias de seguridade do curso. Se non eliximos un número el collera o seguinte libre.
  • Informe: Explicación do contido do curso.
  • Formato: Aquí eliximos como vai estar dividido o curso:
- Formato semanal: Crea un curso por semana dende a data de inicio ata a data de finalización.
- Formato temas: Crea tantos temas como se lle indicara en "número de temas".
  • Número semanas/temas: Escollendo o "Formato temas" indicamos de cantos temas estará formado o curso.
  • Data Inicio: Indicamos cando vai comezar o curso.
  • Temas ocultos: Os temas/semanas que están "sen activar" podemos facer que non os vexan os alumnos ou que aparezan en gris.
  • Tamaño máximo dos arquivos enviados: Indicamos o tamaño máximo que pode ter un arquivo que vaia a ser enviado por un Profesor, polo Administrador do curso... Este tamaño máximo está limitado polo tamaño máximo que soporte o servidor web.
  • Forzar tema: Podemos indicar cal é a template do curso, do conxunto delas existentes no moodle.
  • Acceso a invitados: Indicar se pode calquera acceder ó curso sen autenticarse.
  • Forzar idioma: Podemos forzar o idioma por defecto, se non se forza colle o idioma do sitio.

Configurar curso unha vez creado

Unha vez creado o curso podemos modificarlle a configuración premendo no enlace "configuración" que aparece no bloque administración. Este bloque aparecerá só se o usuario pertence o grupo "administradores" do curso ou do sitio.

Modcurso1.JPG

Premendo nese enlace accederemos á páxina xa coñecida que nos apareceu cando creamos o curso. Neste intre poderemos cambiar calquera dos seus parámetros.

Modcurso2.JPG