Configuración de Asterisk
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Carpeta configuracións de Asterisk
Os ficheiros de configuración de Asterisk atópanse na seguinte carpeta:
/etc/asterisk
Configuración de Asterisk e NAT
Configuración de SIP
Se temos instalado o Asterisk nun servidor nunha rede privada que use NAT, teremos que configurar o seguinte para o correcto funcionamento de SIP:
1. No ficheiro /etc/asterisk/sip.conf :
[general]
nat=yes
externip = X.X.X.X
localnet = 192.168.X.0/255.255.255.0
qualify=yes
# En externip podemos por a ip externa ou o seu FQDN
# (Fully Qualified Domain Name -- nome do dominio).
2. No router abriremos os seguintes portos á ip do servidor asterisk:
UDP: 5060 UDP: 10000-20000
Máis información en: http://www.voip-info.org/wiki-Asterisk+SIP+NAT+solutions
Configuración de IAX
Para que o protocolo IAX funcione correctamente simplemente teremos que redireccionar o seguinte porto no router:
UDP: 4569
Ficheiros de Configuración
- /etc/asterisk/indications.conf
- /etc/asterisk/modules.conf
- /etc/asterisk/sip.conf
- /etc/asterisk/extensions.conf
Documentación adicional
/usr/src/asterisk/asterisk-1.6.0.5/doc